Esta madrugada do sábado 30 ao domingo 31 de outubro, temos que atrasar unha hora os reloxos para axustalos ao horario de inverno.
Teremos menos luz solar polas tardes
Cando as agullas do reloxo marquen 03:00h., haberá que poñelas nas 02:00h. Esta modificación horaria aplícase en toda a Unión Europea (UE), a fin de encaixar a xornada laboral coas horas de luz natural.
Que efectos ten el cambio de hora na saúde?
O cambio horario pode afectar ás persoas con patoloxías médicas, aos cativos e a algúns animais. O efecto seméllanse, aínda que moito menos intensos, aos do ‘jet-lag’ logo dunha viaxe longa …pero en pouco tempo o organismo adáptase.
Canto aforramos co cambio de hora?
A maioría dos especialistas coinciden: pouco. ..e iso que o argumento para o cambio de hora é precisamente ese, o aforro. Segundo o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), o aforro enerxético potencial está nun 5% do total da factura eléctrica, preto de 350 millóns en todo o Estado, o que supón uns 7 euros por familia.