Medio Rural Novidades
San Nomedio Map

Grazas a obra social de Abanca e colaboración coas Comunidades de Montes de San Xosé de Ribarteme e Taboexa, o grupo de voluntariado e o Concello das Neves realizarase a plantación chamada “Para que as nosas árbores volvan estar onde teñen que estar”

A xornada de plantación será o vindeiro sábado 7 de abril de 10 a 14 horas. Calquera persoa que queira participar debe enviar nome e apelidos e dni a rsc@abanca.com.