O Concello entrega preto de 800 mascarillas e conta con vinte puntos de recollida das mesmas
Diante do aumento da demanda de material de protección individual e as dificultades para cubrir a necesidade que hai do mesmo, tanto nas Neves, coma nos hospitais e centros de saúde, o Concello puxo en marcha unha iniciativa de colaboración veciñal para a confección de batas e mascarillas realizábeis, a partir de tecido de uso sanitario financiado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que aporta a coordinadora do equipo solidario de batas e mascarillas de Ponteareas, Maite Isla.
Para levar a cabo este traballo, o Concello achega os tecidos xa cortados ás casas dos veciños e veciñas que o soliciten, que aportarán o seu gran de area coséndoos. Finalmente, será tamén o propio Concello o encargado de recoller o material rematado.
Son estas mascarillas, elaboradas desinteresada e solidariamente por 35 veciñas e veciños das Neves, as que se entregan dende o Concello a traballadores que están de cara ao público na vila, a persoas que o precisan pola súa situación de saúde, a persoal de risco e aquel que realiza labores esenciais -transporte, limpeza, atención farmacéutica e sanitaria ou alimentación-.
Son estas persoas e colectivos os que teñen prioridade no reparto porque necesitan salvagardar a súa seguridade, dado que garanten o funcionamento de sectores e servizos básicos.
750 mascarillas entregadas e 20 puntos de recollida nas Neves
O Goberno local está a facer todo o posible para que dispoña de mascarillas toda aquela persoa que o precise e, neste senso, agradece e aprecia o grande esforzo das nosas veciñas e veciños que están a coser as mesmas.
Ata hoxe xa se fixeron chegar ás persoas que as necesitaban un total de 750 mascarillas, delas 450 son de tea e outras 300 máis cirúrxicas. As mesmas poden recollerse nuns vinte puntos de todo o concello entre eles:
- Nas farmacias das Neves
- Centro de Saúde
- Gasolineira das Neves
- Librería do Xes
- Panadería Lembranza
- Ferretería Bisal
- Piensos González e González
- Estancos das Neves e Vide
- Panadería Fdez. Rivero
- Agro Acuña
- García Araújo ( Carboeiro)
- Agro Pousa
- Supermercados das Neves, Vide, Rubiós e Taboexa
- As tendas da Estación e do Ravelo