En San Pedro de Batalláns case o 70% das vivendas reciben os seus composteiros individuais gratuítos. Grande afluencia tamén en Santa Olaia de Batalláns

O luns 15 de outubro o Concello das Neves convocou a reunión na escola as 19 horas a toda a veciñanza de San Pedro para unha reunión informativa e na que se entregarían composteiros para cada vivenda.

Nesta reunión estivo presente o Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, o Concelleiro de Medio Ambiente, Oscar González, técnicos do Plan Revitaliza e membros da Asociación Ecoloxista Adega que explicaron a implantación e as vantaxes da compostaxe e resolveron dúbidas das persoas asistentes. A afluencia foi masiva ata chegar a entregar case o 70% dos composteiros previstos para a parroquia.

Os composteiros, que se entregarán a tódalas vivendas do Concello das Neves, servirán para a mellora ecolóxica do ambiente ao reducir as emisión de CO2, para a mellora financieira podendo reducir os costes na xestión do lixo nun 50% que permitirían destinar o aforro a outras necesidades e non ter que aplicar subas na taxa do lixo. Por último, tamén para cumprir coa nova legalidade europea i española que obriga a xestionar separadamente alomenos a metade dos bioresiduos en 2020.

Xa están previstas as vindeiras reunións na escola-centro social de Santa Olaia de Batalláns o mércores 17 as 19 horas e o mércores 24 as 18 horas na escola de Cerdeira.

Fotos en San Pedro de Batalláns:

Fotos en Santa Olaia de Batalláns:

Fotos en Cerdeira: