from
to
Novidades Tratamento do Lixo O Plan Revitaliza, plan de compostaxe nas Neves colle impulso co primeiro reparto de composteiros individuais para tódalas vivendas das parroquias de San Pedro e Santa Olaia de Batalláns.
O Plan Revitaliza no Concello das Neves ademáis está cofinanciado con Plan Concellos da Deputación.
O luns 15 e o mércores 17 as 19 horas membros de Adega, técnicos da Deputación, o Concelleiro de Medio Ambiente e o Alcalde das Neves iniciarán o proceso informativo e a entrega de composteiros e ferramentas.
Proceso totalmente gratuíto para a veciñanza que permitirá a compostaxe dos bioresiduos nestas parroquias.