PROXECTO REDMAY

O Concello das Neves foi seleccionado para participar no Proxecto RED MAY (Rede de apoio ás persoas maiores que residan no rural galego).

O obxectivo desta actividade é achegar aos concellos do rural os servizos sociais e de benestar ás persoas maiores 
de 55 anos, de xeito que poidan acceder sen ter que desplazarse fóra da súa localidade ou contorno inmediato.

Destinatarios: Persoas maiores de 55 anos do concello As Neves (solicitar cita previa) 

O proxecto RED MAY é un programa totalmente gratuíto

A través dunha unidade mobil que se ubicará no noso Concello no aparcamento do Centro de Saúde, as persoas maiores de 55 anos, poderán acceder a servizos de revisión óptica, podoloxía e de prevencion do alzheimer e outras demencias.

A maiores realizaránse dúas charlas informativas por profesiónais especializados na materia:

    1º Charla Alzheimer e outras demencias – Luns 19 de agosto de 16:00h – 17:30h

    2º Charla óptica – Martes 20 de agosto  de 17:30h a 18:30h

  • Lugar de celebración das charlas: Centro Social As Neves
  • Destinatarios: Persoas interesadas xeral do concello As Neves.
  •  Entrada libre. Ata completar aforo

Funcionamento do programa. Ver documentos adxuntos (díptico e nota informativa)

Aquelas persoas que teñan dúbidas ou queiran ter máis información sobre o proxecto poden achegarse ou contactar cos:

Servizos Sociais Municipáis Centro Social

Rúa Marquesa do Pazo n.º 22  – As Neves

Telefono 986 667 134

Documentos asociados a publicación:

NOTA INFORMATIVA RED MAY CONCELLO

RED MAY DIPTICO INFORMATIVO XENERICO

CARTEL CHARLA ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS