Hoxe, luns 25 de outubro, comezan os traballos de execución dun proxecto para recuperar e poñer en valor o patrimonio do antigo sendeiro que podería denominarse como “Ruta dos Muíños da Ribadeira”.
Trátase dun tramo que conta con 13 muíños ao longo de 3,5 quilómetros polas marxes do nacemento do Río Xuliana.
Os traballos, por un importe total de 40.000 €, serán co-financiados polo Concello das Neves e a Consellería de Turismo, dentro das axudas de mellora das infraestruturas turísticas.