Dende o día 11 ate 30 de xuño reinícianse os traballos de escavación arqueolóxica no xacemento de Porto Maior (As Neves, Pontevedra). Estas escavacións enmárcase dentro do proxecto internacional Minho/Miño: Os primeiros poboadores do río Miño, onde colaboran investigadores de diferentes centros nacionais e internacionais, como as universidades de Lisboa, Porto, Minho e Adelaide (Australia), o Australian Research Centre for Human Evolution (ARCHE) e o Cento Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH). Estes traballos contan co patrocinio e a colaboración fundamental do Concello de As Neves e da Comunidade de Montes en Man Común de As Neves.
As investigacións desta campaña procuran afondar nas particularidades deste excepcional xacemento, coñecer mellor a distribución dos niveis de ocupación humana identificados no lugar, os cales teñen unha idade comprendida entre os 300.000 e os 200.000 anos de antigüidade. Así mesmo coa substancial ampliación da superficie escavada tentarase explicar a natureza funcional da principal acumulación de ferramentas do xacemento.
O xacemento paleolítico de Porto Maior localizouse de maneira casual no ano 2005, con motivo da realización dunhas obras de extracción de terras, que deixaron a vista unha sección dos seus depósitos xeolóxicos. Tras unha serie de traballos preventivos, desenvolvidos nos anos inmediatos ao seu descubrimento, durante 2012 e 2014 retómanse os traballos de campo no xacemento, a cargo do actual equipo de investigación. Estes traballos de investigación puxeron de manifesto a existencia de múltiples niveis de ocupación de cronoloxía paleolítica, todos eles de tecnoloxía achelense (cultura do Paleolítico antigo europea). De entre estes niveis de ocupación destaca o nivel PM-4 no que se identificou unha espectacular acumulación de ferramentas de pedra, no que primeiro caso coñecido en todo o continente europeo. Este tipo de comportamento é habitual en certos xacementos do paleolítico antigo africano e de Próximo Oriente. Así mesmo, as ferramentas presentes neste nivel destacan polas súas extraordinarias dimensións, onde achegan medidas superiores aos 18 cm (con máximos de 27 cm e 2 kg de peso), cando o normal é que non superen os 15 cm. Isto os converte nos de maiores dimensións coñecidos en todo o continente Europeo e uns dos máis grandes a escala mundial.
A datación do xacemento indican que a súa ocupación desenvolveuse entre os 300.000 e os 200.000 anos de antigüidade. Isto define a Porto Maior como o xacemento con restos de actividade humana máis antigo coñecido en toda Galicia. Isto vén desmontar a idea, comunmente admitida, de que a primeira ocupación humana desta rexión realizouse en tempos moi recentes, en relación ao sucedido noutras rexións españolas. Non se coñece a día de hoxe xacemento de cronoloxía semellante en ningún outro punto de Galicia e confírmase de maneira incuestionable a presenza humana na rexión en cronoloxías moi antigas.
Durante os traballos de escavacións vanse a por en marcha, en colaboración co Concello de As Neves, un programa de actividades didáctica, que contempla un programa de visitas guiadas as escavacións e charlas para dar a coñecer entre a veciñanza de As Neves e o público xeral a importancia deste xacemento, o único do seu tipo coñecido en toda Europa.