Nas últimas semanas veñen de rematarse proxectos de accesibilidade en diferentes barrios de tres parroquias: A Capela e Outeiro en San Pedro de Batalláns, Leiradiño en Taboexa e tamén Piñeiro e Porteliña en San Cibrán.
Plan de Mellora de Accesibilidade das Neves
Os traballos, integrados no Plan Integral de Mellora da Accesibilidade no Concello de As Neves 2019-2023, consistiron na creación da capa de rodadura, mellora e reconstrución de muros, ampliación de accesos e incluso a instalación de saneamento nalgúns casos.
Estas actuacións, cunha inversión de máis de 70.000€, foron financiadas a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.
Prioridade da accesibilidade e mobilidade
O Concello de As Neves ten unha profunda conciencia e compromiso, sobre a urxente necesidade de resolver diversas problemáticas existentes ao longo do termo municipal, en materia de accesibilidade e mobilidade. Isto leva a que durante este mandato siga desenvolvéndose o proxecto de accesibilidade e mobilidade en tódalas parroquias.
Durante o ano 2021 están previstos traballos encadrados no Plan Integral de Mellora da Accesibilidade a vivendas en Rubiós, Santiago de Ribarteme e Tortoreos.