O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vėn de confirmar ao alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Mendez,  o positivo por COVID-19 dunha usuaria do Centro de Día da vila.

Logo de ter coñecemento do mesmo deuse aviso, de inmediato, ao resto das usuarias do centro,  que neste momento, pola limitación de ‘aforo’ do centro, eran 8 (3 das Neves, 4 de Salvaterra e 1 de Arbo) e non as 21 habituais, e ao persoal do mesmo, 14 traballadoras, que xa están illadas nas súas casas. 

Todas elas someteránse ás probas PCR este venres, día 14, e as repetirán o día 21. O Centro de Día permanece pechado por un periodo inicial de 15 días.

Desinfección

O Goberno Municipal leva a cabo este mesmo xoves pola tarde unha desinfección dos principais centros de concurrencia de cidadáns no casco urbano.

Brigadas do Concello traballarán no Centro de Día (incluindo o propio edificio, accesos e arredores); contorna de comercios; farmacias; gasoliñeiras; antigo XES; a Casa do Concello e o Mercado Municipal, antes de feira deste venres.

Do mesmo xeito, dende o sábado, día 15, tamén se realizarán labores de desenfección en todas as parroquias.