Dacordo coa información facilitada pola Consellería de Sanidade. Nas Neves seguimos sen rexistrar casos de contaxio de coronavirus. Só onte, venres 3 de abril,  foron realizadas 16 probas con resultado negativo en todos os casos.

Dende o Concello séguese levando a cabo a adquisición de material sanitario. Xa chegou o enviado pola Xunta composto por 4 caixas de mascarillas, 4 caixas de luvas, 4 botes de lixivia, 6 botes de desinfectante de 500 mL e 20 monos de traballo.

Tamén está feito un pedido de Equipos de Protección Individual (EPI) á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), solicitando: mascarillas cirúrxicas, FFP2 e FFP3, luvas, batas desbotables, gafas de protección e produto desinfectante.

O Concello vén de facer a recollida de doazón de material reutilizable (lavable a altas temperaturas) cedido por Maite Isla (Coordinadora do equipo solidario de batas e mascarillas de Ponteareas). Son 150 mascarillas, 10 batas de protección e outras 10 de alta resistencia coas súas respectivas mascarillas.