O domingo 11 de outubro continúa o programa ‘Cultura no Outono’. Ás 18:00 h., no Auditorio Municipal, poderemos gozar da obra de teatro ‘Rosalía’, de Culturactiva.
Na peza recréase a infancia da escritora antes de marchar da casa paterna. É unha obra pensada para público familiar, xa que se lles conta ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.
Está dirixida por Fina Calleja e conta no reparto con Rocío González e Cristina Collazo.
Protocolo COVID
Para acceder ao auditorio será obrigatorio o uso de máscara. Debido á limitación do aforo, recoméndase realizar a reserva de asentos previamente no enlace: bit.ly/culturaoutono