O Concello das Neves informa: #QuedaNaCasa #TempoNaCasa
As Neves pon en marcha un servizo que tenta paliar dificultades sociais, económicas ou de mobilidade derivadas do establecemento do decreto de Estado de Alarma a causa do Coronavirus, mediante a entrega no domicilio de bens de primeira necesidade.
Se padeces unha situación transitoria de necesidade ou coñeces alguén que pode precisar axuda. Contacta co departamento de Servizos Sociais do Concello no teléfono 986 667 134 (de 9 a 14hs) ou no mail servizossociais@asneves.gal