Como informou o Concello, para completar o proceso de liberación do segundo dividendo dixital, leváronse a cabo nas Neves unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios nos centros de cobertura do sinal de TDT.

Este proceso cumpre un mandato europeo polo cal a banda de 700 megahercios (MH) debe estar plenamente dispoñible para despregar as futuras redes de telecomunicacións 5G.

As actuacións realizaranse no centro de TDT das Neves, en San Nomedio, centro presta o servizo de difusión da TDT para parte da poboación do concello.

Aínda que estes traballos non tiñan que afectar á calidade da recepción do sinal televisivo -chegando con volver a sintonizar as canles- en algún caso é posible que causase algún problema.

Se foi así, ata o vindeiro día 31 de agosto, as veciñas e veciños que poidesen  ter algunha incidencia na recepción da imaxe ou dificultades na sintonización, teñen á súa disposición un servizo de balde chamando ao teléfono 900 833 999.