O Concello das Neves vén de ampliar o horario de atención telefónica do seu departamento de Servizos Sociais co obxectivo de “facilitar a atención a todas aquelas veciños e veciñas que o precisen”, cando enfrontamos a segunda semana de confinamento e logo de que estea previsto que este se alongue, cando menos, dúas semanas máis.
As persoas que o precisen poden establecen contacto chamando aos teléfonos 986 66 71 34 ou 689 98 42 10, en horario de 09:00 a 21:00 h. Tamén están abertos os enderezos electrónicos, para contacto por email, concello@asneves.gal e servizossociais@asneves.gal.
Esta medida súmase ás que está a impulsar o Goberno local ante a pandemia de coronavirus e que, entre outras iniciativas, xa en marcha, abranguen a entrega de mascarillas a todas as traballadoras e traballadores dos establecementos abertos nas Neves; a subministración de alimentos e medicinas o seguimento de veciños e veciñas maiores que viven soas, ademais de todas as que están a ser atendidas polos Servizos Sociais do Concello e as usuarias do Centro de Día, ou a información “a diario” sobre a necesidades, situación e funcionamento do Centro de Saúde.