A Consellería do Medio Rural está levando a cabo a expansión das cepas hipovirulentas por toda Galicia para evitar que prolifere o cancro do castiñeiro.
As persoas propietarias poden autorizar á Consellería do Medio Rural, a realizar dito tratamento nas parcelas, da súa propiedade.
Na solicitude (modelo ao final do texto) comprométense a :
1. Aportar a documentación que acredite a propiedade dos predios solicitados, si se lle é requirida.
2. Manter as masas de castiñeiro na parcela onde o tratamento foi realizado durante polo menos 5 anos, logo da súa realización.
3. O tratamento estará condicionado á presenza da enfermidade producida polo fungo Cryphonectria parasitica.
4. A elección das árbores a tratar, realizarase por parte dos técnicos responsables do tratamento, e será executada para obter unha boa distribución en Galicia dos pes tratados e así conseguir a dispersión natural das cepas hipovirulentas.
5. O tratamento é gratuíto.
6. Os castiñeiros terán un diámetro mínimo de 25 cm. para poder ser realizado o tratamento.
7. O tratamento realizarase na campaña do ano 2020, sempre e cando as ubicacións solicitadas se axusten ao Plan de Actuación de dispersión de cepas hipovirulentas de Cryphonectria parasitica para o ano 2020 que se está realizando en Galicia.
LUGARES DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Xefaturas Territoriais, Servizos Provinciais de Montes, Oficinas Distritos Forestais, Oficinas Agrarias Comarcais.
No correo electrónico: sanidadeforestal.cmrm@xunta.gal
Pode encontrar información ao respecto na páxina web da Consellería do Medio Rural:
https://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/silvicultura/sanidade_forestal/
Modelo de solicitude para descargar
SOLICITUDE_TRATAMENTO_EXPERIMENTAL_DISTRIBUCION_CEPAS_HIPOVIRULENTAS_2020