TiC Emprendes é un proxecto co-financiado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra que pretende mellorar a empregabilidade da mocidade que habite ou vaia habitar nalgún dos concellos rurais da provincia.

O programa está destinado a mozas e mozos entre de 16 a 30 anos en situación de desemprego e con inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e inclúe formación en materias específicas de cada zona, titorías personalizadas para a procura de emprego, e asesoramento para a creación da túa propia empresa.

Totalmente on line

Coa situación actual condicionada pola pandemia, o programa  desenvolverase integramente online. Aínda quedan prazas para os cursos, se che interesa ou coñeces a alguén que lle poida interesar, faillo saber!

Toda a información do programa: https://www.depo.gal/tic-emprendes
Enlace á solicitude de inscrición: https://bit.ly/2KyzxLc