Uxío Benítez xunto co Concello das Neves e a veciñanza precorreron a zona na que anunciaron un investimento de máis de 170.000 € para mellorar a antiga estrada provincial EP-4006 no Ravelo en Tortoreos.

A Deputación de Pontevedra realizará unha senda de 800m de lonxitude e 2,5m de ancho para facilitar a mobilidade peonil cara os centros de ensino da zona e cara a zona máis urbana e de servizos.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, acompañado polos Tenentes de Alcalde Eduardo Mariño e Oscar González, quixo agradecer ao Deputado Provincial Uxío Benítez a decisión deste investimento pero sobre todo a súa motivación. Considera prioritaria a mobilidade peonil, protexendo a estes con sendas e pasos de peóns elevados.

O goberno das Neves aproveita para indicarlle a Xunta de Galicia que pode tomar exemplo e tomar decisións continuamente demandadas que afectan a mobilidade peonil e de vehículos nas súas estradas. Por exemplo, na PO400 nos accesos a Setados, Vide e As Neves; e nas PO415 e PO402 para defender aos peóns ao paso por zonas habitadas de varias parroquías.