Presentouse no Concello a 5ª edición desta carreira solidaria
A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio e o Concello das Neves presentaron na mañá deste sábado a 5ª edición da carreira popular e solidaria do Pavo nas Neves. O vindeiro 24 de decembro na tarde previa a noiteboa pequenos e maiores disputarán esta proba deportiva polas rúas das Neves.
Esta carreira xunta a parte competitiva, a familiar ou veciñal e a solidaría. Hai participantes que compiten por gañar a proba, outros participan de xeito festivo e todos o fan de xeito solidario, porque cada corredor ou corredora debe entregar alomenos un quilo de alimentos non perecedeiro que será donado a servizos sociais do concello nevés.
Na presentación, amáis de membros do clube ACD Sanomedio e o Segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Deportes Oscar González estiveron corredores e gañadores da edición de 2016, o gañador absoluto Óscar Bernárdez Carballo, o gañador local Juan Ramón Lira Fernández, a gañadora local Ana Isabel Domínguez Álvarez e o corredor e colaborador Bernardo Durán.