O Concello das Neves participará nun programa de formación para maiores da Universidade de Vigo, un proxecto de democratización do coñecemento, titulado “Mareas de coñecemento e experiencia”.
Trátase dun programa de interese público que garante o dereito de todas as persoas ao acceso á educación superior, independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos.
O mesmo está destinado a persoas de máis de 50 anos e o curso consta de tres seminarios, cada un cunha sesión teórica e outra práctica que se realizarán no CIPC de Taboexa e no salón de Servizos Sociais das Neves.
É totalmente gratuíto e, ao finalizar, entregarase un diploma.
O curso ten un límite de 30 prazas. Para inscribirse pódese enviar un correo electrónico a servizossociais@asneves.gal ou chamar ao teléfono 986 66 71 34 (8:00 a 15:00 h, de luns a venres), indicando nome e apelidos, DNI, teléfono e correo electrónico.
O prazo de inscrición estará aberto entre os días 9 e 19 de outubro.