O pasado mércores, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de Primaria do CEIP das Neves, visitaron a Casa do Concello na compaña da Xefa de Estudos, Mª Dolores Barbeito, e da Concelleira de Ensino, Pilar González.

Na visita coñeceron as dependencias municipais, e as funcións que se desenvolven nelas, ademais de manter unha pequena conversa co alcalde, Xosé Manuel Rodríguez.

O Concello pretende achegar a súa acción de goberno ás e aos máis pequenos, e xa traballa na creación dun organismo de decisión no que participarán as nenas e nenos das Neves.