O Concello das Neves avanza nunha xestión máis eficiente do Medio Ambiente:
PUNTO LIMPO
Autorizado para xestionar gran cantidade de residuos, contando cunha nova caseta para os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (raees)
Xestión económica na que se aforraron en tratamento de residuos 12.000 euros no ano 2017.
Atendido de martes a sábado mañá e tarde. Convértese residuos en emprego.
RECOLLIDA SELECTIVA DO LIXO
En menos de tres anos aumentáronse os contedores para a recollida selectiva nun 49,67%
Recollida selectiva de vidro supuxo 67,72 toneladas en 2017 un 47,5% máis que o ano anterior. Superando as medias provincial, autonómica e estatal con 17kg/habitante.
AREAS DE RECICLAXE
Preparáronse 43 zonas nas que ter tódolos tipos de contedores, lugares estables, delimitados e sinalizados para que a xestión selectiva sexa limpa e apeticible.
Agora toca o impulso da COMPOSTAXE co PLAN REVITALIZA. Residuos = Recursos. Convertir o lixo orgánico en recurso, en compost ou abono. No ano 2023 a UE prohibe que os restos orgánicos (bioresiduos) se recollan xuntos con outro lixo. Nas Neves comézase xa, con composteiros en cada casa e centros de compostaxe comunitaria no centro urbano.
E a recuperación do MEDIO NATURAL traslos lumes grazas a diversas iniciativas entre as que destacamos O MONTE NACE NA ESCOLA. Actividades acordadas no Ceman(Consello Escolar Municipal) onde nas escolas se poñen en marcha semilleiros, plantacións, coidado, rega…