A Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para a contratación da obra de “Mellora da seguridade viaria na EP 4201 Setados-Ribarteme-Vide”.

Esta actuación conta cun orzamento base de 335.501,15 €. A mesma permitirá reforzar os firmes, realizar beiravías e renovar a sinalización para garantir a seguridade.

Máis polo miúdo a través desta actuación vaise repoñer o firme da estrada principal, contemplándose 540 metros cadrados de saneos, 3.600 de tratamento superficial, 5.350 metros cadrados de fresado e reposición de firme e microaglomerado en frío en ata 15.900 metros cadrados.

Xunto á reparación e reposición do firme tamén se aproveitará a actuación para a construción de 2.550 metros de beiravías e para renovar a pintura. 

O proxecto de mellora na estrada Setados-Ribarteme-Vide abrangue, tamén, a renovación da sinalización.

A actuación contempla cortes e demolicións de pavimentos e escavacións. O  prazo de execución será de 6 meses.