Este martes, 23 de marzo, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 11 de marzo pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 anos dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o curso 2021/22.

O prazo de presentación de solicitudes comeza este mércores 24 rematará o 12 de abril, e poderán presentarse polas seguintes vías:

Tal e como dispón o artigo 8 da dita Resolución, e atendendo ás especiais circunstancias provocadas polo COVID-19, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.

Descarga de formularios

Ditas solicitudes de renovación de praza presentaranse a través do formulario normalizado do procedemento BS404B, correspondente ás escolas do Consorcio, e dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá descargar o dito formulario (BS404B) dispoñible tanto na sede electrónica da Xunta como nas páxinas web: https://politicasocial.xunta.gal, https://igualdadebenestar.org, https://www.escolasinfantisdegalicia.es/, para presentalo presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Atención telefónica da propia escola infantil  

Para todos aqueles casos nos que non sexa posible a presentación telemática, a partires de hoxe, 24 de marzo, o persoal da escola infantil acompañará a través de atención telefónica, tanto para aclarar calquera dúbida, axudarlles na cobertura dos anexos a presentar, xunto coa documentación xustificativa, así como para concretar unha hora de atención na escola caso de ser preciso, con cita previa. Neste caso acudirá solamente unha persoa por familia.

Se precisan axuda para a presentación electrónica da solicitude, poderán chamar tanto á escola infantil como aos servizos centrais do Consorcio (Tfonos.- 881996480 /881996477/ 881996479 /881996474/ 881996473 e 881996483), que lles guiarán na presentación da mesma a través da sede da Xunta.