Dende principio deste mes de abril, está activo un novo servizo de Información e Asesoramento en Saúde Mental, xestionado pola área de Servizos Sociais, e atendido por un psicólogo e unha psicóloga
da Asociación “Avelaíña”, a través dun convenio de colaboración establecido entre esta asociación e o Concello.

Preténdese contribuír a frear o agravamento dos problemas de saúde mental na poboación xeral a causa da crise sanitaria da COVID-19, a través de información sobre os diferentes recursos e/ou procedementos vinculados á saúde mental, e o asesoramento ou posta en contacto co
persoal idóneo que poida atender a cada problemática particular, co obxectivo final de favorecer a mellora das persoas e a súa integración social comunitaria.

✅ As actividades a desenvolver serán:
???? Recepción de demandas e recollida de información.
????Información e asesoramento en función da demanda.
????Coordinación con outros recursos.
???? Derivación a outros recursos/servizos.

✅ O servizo funcionará entre os meses de marzo e decembro, e ofrecerase un día ao mes, en horario de mañá, nas dependencias de Servizos Sociais.

☎️????????Para solicitalo, as veciñas e veciños das Neves poden contactar con Servizos Sociais chamando ao teléfono 986 66 71 34 ou escribindo un correo electrónico a servizossociais@asneves.gal.