A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proceso de licitación que recae na empresa ‘Atendo Calidade S.L’. Este proceso adxudica un contrato por 3 anos coa posibilidade de prórrogas de 1 ano ata un total máximo de 5 anos.

A empresa ‘Atendo Calidade S.L.’ ofertou os servizos por un prezo base de licitación de 302.648 euros anuais e obtivo a máxima puntuación nos criterios de melloras do contrato. Melloras relacionadas con axudas técnicas (grúas, camas articuladas, andadores, etc.), formación ás
coidadoras e profesionais, bolsa de horas adicional, etc.

O Concello das Neves fai unha elevada inversión neste servizo, que despois da última actualización, no ano 2021 experimentou un aumento que supuxo unha subida do 23 % de gasto nesta materia dentro do orzamento municipal.

Unha vez máis, o Concello lembra que se trata dunha competencia impropia, e reclama á Xunta e ao Estado o financiamento completo deste servizo.