Para cumprir co proceso de liberación do segundo dividendo dixital,estanse a levar a cabo nas Neves unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios nos centros de cobertura do sinal de TDT.

As mesmas non causarán problemas nos televisores e decodificadores actuais de TDT, que non teñen porque cambiarse.

Tampouco haberá cambios na oferta televisiva: non haberá perda de canles nin canles novos, simplemente, os mesmos que se reciben na actualidade cambiarán a frecuencia de emisión.

Este proceso lévase a cabo, cumprir un mandato europeo polo cal a banda de 700 megahercios (MH) debe estar plenamente dispoñible para despregar as futuras redes de telecomunicacións 5G.

Este luns, día 15 de xuño

Ditas actuacións realizaranse este luns, día 15 de xuño, no centro de TDT das Neves, en San Nomedio. Este centro presta o servizo de difusión da TDT para a maior parte da poboación do concello.

O proceso consiste no apagamento neste centro das frecuencias de emisión actual do múltiple autonómico, e o acendido na nova frecuencia asignada. Canle 28 (MUX AUTONÓMICO): TVG, TVG2, GHD, G2HD.

Para poder seguir vendo estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro,podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por teléfono- chamando ao 881 866 388 – ou na web www.tdtgalicia.gal.

A continuación, bastará con realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.