Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 no concello.

O Concello adquiriu 5 dispensadores de hidroxel que se colocarán nas  entradas do Mercado Municipal, na Casa do Concello e en Servizos Sociais.

Realizada unha revisión dos locais onde se reunen os grupos do proxecto sociocomunitario “Compartir e vivir” e onde se imparten os cursos de alfabetización e de búsqueda de emprego, para axeitar os espazos e dotalos das medidas hixiénicas axeitadas á actual situación. Estes traballos lévanse a cabo para poder reanudar as actividades na semana do 25 deste mes. Os locais revisados foron a Biblioteca Municipal, o baixo de Servizos Sociais e as escolas de Liñares, San Cibrán e Setados.

Realizado un encargo de mascarillas hixiénicas para uso do persoal municipal.

O luns 15 de xuño comeza o prazo de inscrición nos campamentos de verán que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto, destinados a nenas e nenos empadroados nas Neves con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. A inscrición poderase facer ao longo de toda a semana no baixo de Servizos Sociais de 10:00 a 13:00 h. Non é preciso solicitar cita previa.