Blog

29 Mar
0

A ‘Feira do Requeixo e do mel’ aposta este ano por un formato ‘virtual’ e por actividades ao longo de 2021

Este ano, a ‘Feira do Requeixo e do Mel’ das Neves, non será ‘presencial’. Ainda que os datos da evolución da pandemia sinalan una satisfactoria evolución no concello, no que non hai casos activos dende hai máis dun mes, o Goberno municipal tomou a decisión de non colocar os tradicionais postos na Praza Maior e apostar por unha edición ‘on line’, que terá máis duración no tempo.

Concurso de receitas do Requeixo das Neves para ‘bloggers’

Deste xeito, dase inicio a unha serie de accións e actividades arredor do requeixo que se desenvolverán durante o 2021, así ao longo do mes de abril realizarase un ‘Concurso virtual’ de receitas do Requeixo das Neves para Bloggers de España e norte de Portugal.

O concurso presentarase o venres de Semana Santa, que é o día habitual da Feira e estará aberto á participación ata final de mes. O xurado estará composto por catro persoas do ámbito profesional da gastronomía.

Vídeos con sete grandes chefs galegos

Para a promoción da Feira, e do requeixo e o mel e das Neves , realizaranse vídeos con sete chefs galegos: Iñaki Bretal (do restaurante ‘Eirado da leña’); Marco Varela (de Casal de Arman); Miguel Mosteiro ‘Gastrolab); Ángel Martínez e Víctor Otero (‘A Xanela Gastronómica’); Óscar Vidal (‘O Pazo’); Adrián Albino (‘Niño Corvo’) e Begoña Vázquez (‘O Souto das Candeas’).

‘Book’ fotográfico

Entre outras cousas, tamén ao longo deste ano dende o Concello se promoverá a creación dun book fotográfico de requeixo no que participarán chefs que formaron parte das actividades da Feira do Requeixo e Mel nos últimos anos (pregóns, showcookings, etc.).

Ler Máis
29 Mar
0

Arranxos nas Escolas Unitarias de Rubiós e Taboexa

Dentro das accións de mantemento e mellora das instalacións dos centros de ensino, esta pasada semana realizáronse pequenas actuacións nas Escolas Unitarias de Rubiós e Taboexa.

Na e Rubiós instalouse unha porta de emerxencia en aluminio ampliando unha ventá.

Pola súa parte, na de Taboexa realizouse a modificación dunha das portas de entrada instalando vidros laminados que permiten unha maior entrada de luz ao interior.

Ler Máis
29 Mar
0

A Casa da Xuventude abrirá durante Semana Santa

Durante os días non lectivos de Semana Santa, a Casa da Xuventude abrirá de martes a domingo en horario habitual, de 17:00 h a 21:00 h

Ler Máis
27 Mar
0

Actividades do ‘Monte Nace na Escola’

Nos últimos días leváronse a cabo diferentes actividades do programa ‘O Monte nace na Escola’ – promovido polo Concello e financiado con fondos de As Neves Zona Cero- no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e nas EEI de Rubiós e Taboexa.

O pasado xoves 18 de marzo, o alumnado de 4º do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé fixo unha plantación de froitos vermellos (framboesas, grosellas e amorodos) nun lugar do patio, onde había unha pequena construción rectangular que limpara o persoal do Concello e que, posteriormente foi preparado para esta actividade. Será o propio alumnado o que se encargue de manter as plantas e de recoller os froitos.

O luns 22 de marzo, as nenas e nenos da EEI de Taboexa realizaron un traballo de identificación de plantas silvestres.

 

O martes 23 de marzo, os nenos e nenas da EEI de Rubiós asistiron a un obradoiro de horta ecolóxica.

O mércores 24 de marzo, realizáronse labores de limpeza da horta.

Este xoves pasado, 25 de marzo, o alumnado do Ciclo de Panadaría da EFA A Cancela, fixo un roteiro de plantas silvestres dende o centro ata as inmediacións do Hotel Nande. Nel recolleron plantas para a súa posterior elaboración.

Ler Máis
24 Mar
0

Aberto o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 anos

Este martes, 23 de marzo, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 11 de marzo pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 anos dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o curso 2021/22.

O prazo de presentación de solicitudes comeza este mércores 24 rematará o 12 de abril, e poderán presentarse polas seguintes vías:

Tal e como dispón o artigo 8 da dita Resolución, e atendendo ás especiais circunstancias provocadas polo COVID-19, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.

Descarga de formularios

Ditas solicitudes de renovación de praza presentaranse a través do formulario normalizado do procedemento BS404B, correspondente ás escolas do Consorcio, e dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá descargar o dito formulario (BS404B) dispoñible tanto na sede electrónica da Xunta como nas páxinas web: https://politicasocial.xunta.gal, https://igualdadebenestar.org, https://www.escolasinfantisdegalicia.es/, para presentalo presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Atención telefónica da propia escola infantil  

Para todos aqueles casos nos que non sexa posible a presentación telemática, a partires de hoxe, 24 de marzo, o persoal da escola infantil acompañará a través de atención telefónica, tanto para aclarar calquera dúbida, axudarlles na cobertura dos anexos a presentar, xunto coa documentación xustificativa, así como para concretar unha hora de atención na escola caso de ser preciso, con cita previa. Neste caso acudirá solamente unha persoa por familia.

Se precisan axuda para a presentación electrónica da solicitude, poderán chamar tanto á escola infantil como aos servizos centrais do Consorcio (Tfonos.- 881996480 /881996477/ 881996479 /881996474/ 881996473 e 881996483), que lles guiarán na presentación da mesma a través da sede da Xunta.

Ler Máis
24 Mar
0

Concurso ‘Reacción polo Clima’

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, convoca a segunda edición do concurso ‘REACCIÓN POLO CLIMA’, iniciativa que ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático e potenciar o talento e as reivindicacións neste eido
da mocidade na nosa provincia.

Esta convocatoria, dotada con 4.000€, está dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos de idade empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.

Poderán participar as persoas xurídicas que teñan a sede social na provincia e polo menos o 50% da súa xunta directiva estea formada por persoas con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.

???? O prazo para participar aberto ata o 18 de maio de 2021.
???? A Inscrición, pode facerse en: https://bit.ly/3r4xUEw
ℹ️ Toda a información no seguinte enlace: https://bit.ly/3s2PytA

Ler Máis
23 Mar
0

Inicio do programa de formación Tic Emprendes

Empezan os primeiros cursos do programa Tic Emprendes da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha acción formativa destinada a mozas e mozos entre de 16 a 30 anos, en situación de desemprego e inscritas/os no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Aínda hai prazas disponíbeis para estes cursos:

Márketing dixital (grupo 3): do 08/abril /2021  ao 12/maio /2021
Venta de produtos e servizos turísticos: do  08/abril  ao /2021/maio/2021
Aplicacións móbiles (apps): Sen data
Aplicacións móbiles (apps): Sen data
Aplicacións móbiles (apps): Sen data
Creación e xestión de tendas en liña: Sen data
Creación de contidos dixitais: imaxe, vídeo e videoxogos: Sen data

 

Ler Máis
22 Mar
0

En marcha o plan de reparación de estradas nas 13 parroquias das Neves

Unha vez que as condicións do tempo son estables, a empresa adxudicataria do “Plan de Bacheo” para este ano comezou os traballos.

Nas vindeiras semanas recorreranse as 13 parroquias para resolver os puntos necesarios excepto algunhas zonas que en breve van ser asfaltadas por completo.

O primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, xunto co segundo Tenente de Alcalde, Concelleiro de Servizos e responsable de Tráfico, Óscar González, revisaron previamente tódolos lugares e estableceron o mapa concreto de actuacións.

Nos traballos que se están a levar a cabo calcúlase que se estenderá un mínimo de 184 toneladas de aglomerado en frío con aplicación de rego de adherencia.

O custe total das obras de bacheo incluídos tódolos gastos de proxecto e impostos é de 40.000€ financiados polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Ler Máis
20 Mar
0

Recta final da recollida de sinaturas da iniciativa Xabarín

Entramos na recta final da campaña da Iniciativa Xabarín-creación dunha canle Xabarín Club na TVG e máis emellor difusión de programación infantil que rematará o 5 de abril.

Nesa data se anunciará o número total de sinaturas recollidas, que xa pasan das 15.000, o que supón 6 veces máis das requiridas polo Parlamento para ser debatida.

Nas Neves podes asinar na Biblioteca, que está aberta de luns a venres, de 16:00 h a 20:00 h, e sábados, de 10:00 h a 14:00 h.

Ler Máis
19 Mar
0

Lembra: novas normas de prevención fronte á Covid dende este venres, día 19 de marzo

Este venres, 19 de marzo, entran en vigor novas normas de seguridade en todo o territorio galego.

As Neves no nivel de restricións mínimas

Establecéronse catro niveis en función da incidencia epidemiolóxica de cada concello. As Neves atópase no nivel de restricións mínimas, ao ter unha incidencia acumulada a 14 días inferior a 150 casos por cada 100.000 habitantes.

???? Mantense o peche perimetral da comunidade

???? Prohibición de circular pola vía pública entre as 22:00 h e as 06:00 h. Agás por causas xustificadas.

????As reunións sociais entre non conviventes están limitadas a espazos públicos: 4 persoas en interior e 6 en exterior. Prohibidas en espazos privados, como os domicilios.

???????? Hostalería:
o Peche ás 21:00 h.
o Recollida no local ata as 21:30 h.
o Envío a domicilio ata as 00:00 h.
o Non se permite o consumo en barra.
o Interior: 50% do aforo e 4 persoas por mesa ou grupo de mesas.
o Exterior: 75% do aforo e 6 persoas por mesa ou grupo de mesas.
o Plan de hostalería segura.

???? Bibliotecas e centros de lecer xuvenil: 50% do aforo. Grupos de ata 4 persoas como máximo.

????Auditorios: 30% do aforo e protocolo de seguridade, con rexistro de persoas asistentes ás actividades.

????⛪️????Lugares de culto:
o Aforo do 50% e medidas de distancia, hixiene e ventilación.
o Non se poderá utilizar o exterior dos edificios ou da vía pública para a
celebración de actos de culto que e impliquen aglomeración ou concentración de persoas con motivo da festividade de San Xosé e da Semana Santa de 2021.

Velorios e enterros: Ata 10 persoas en interior e 25 en exterior.

⚽️????????⚾️???? A práctica de deporte non federado, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de 6 persoas de forma simultánea, sexan ou non
conviventes, sen contar, o/a monitor/a.

✅ Todos os detalles no DOG núm. 52 (bis) do día 17 de marzo: https://bit.ly/3r10er4

Ler Máis