Blog

19 Feb
0

‘O home que queres ser’ obradoiro de igualdade no IES Pazo da Mercé

Dentro do proxecto para o fomento da igualdade entre o alumnado dos centros educativos do concello das Neves, vén de levarse a cabo un obradoiro dirixido ao alumnado de Secundaria do IES Pazo da Mercé: “O home que queres ser”.

Comando de Igualdade e Diversidade

Na actividade interviñeron un grupo de representantes do Comando Igualdade e Diversidade do IES, un equipo formado por preto de 40 rapaces e rapazas da ESO comprometidos/as coa igualdade, e a docente de Educación Plástica, Visual e Audiovisual.

Sensibilización en igualdade

A resposta final recollida foi moi positiva, acadando un alto grao de implicación tanto por parte do centro como do  alumnado.

Nas diferentes sesións nas que se desenvolveu esta actividade, guiouse aos rapaces e ás rapazas na creación e posta en marcha dunha campaña de sensibilización en igualdade que xirou arredor do concepto das “novas masculinidades”.

Durante a primeira sesión levouse a cabo un repaso e o contexto tanto da evolución como da situación actual en relación ao concepto de masculinidade, e tratouse de espertar o seu interese e motivación.

Co-responsabilidade, igualdade e rexeitamento da violencia machista

A partir da seguinte sesión, o alumnado dividiuse por grupos que se encargaron da elaboración dunha viñeta na que se representaran escenas ou situacións nas que o papel do home se atopara afastado dese modelo tradicional de masculinidade hexemónica, e representara a un home comprometido coa co-responsabilidade, coa igualdade e co rexeitamento de calquera tipo de violencia contra as mulleres.

Presentáronse un total de 13 viñetas e foron seleccionadas as dúas
que mellor plasmaban a idea que se pretendía transmitir sobre as novas masculinidades.

Camisetas, chapas e bolsas de tea

Estas viñetas, seleccionadas por un grupo de alumnado pertencente ao Comando Igualdade e Diversidade e representantes do profesorado, serviron para imprimir en distintos soportes (camisetas, chapas, bolsas de tea), para ser distribuídos entre o alumnado.

Gañar en igualdade

A través desta iniciativa pretendeuse que o alumnado, especialmente os rapaces, reflexionaran, e esta reflexión, lles servise como xermolo de cambio persoal cara a posicións e formas de actuar e de ser máis igualitarias.

Adoitando unha nova ‘masculinidade’ deben estar dispostos a perder
privilexios para gañar en igualdade, dende o convencemento de que co cambio eles tamén gañarán.

Este obradoiro foi subvencionado pola Deputación de Pontevedra.

Ler Máis
19 Feb
0

Oficina Municipal de Obxectos Perdidos

Lembramos que o Concello ten á disposición de todos os veciños e veciñas un punto de entrega e recollida de obxectos perdidos nas dependencias da Casa do Concello.

???? O horario de atención ao público é de 9:00 h a 15:00 h e o ☎️ teléfono de contacto é o 986 64 80 38.

Ler Máis
15 Feb
0

O Concello finaliza a substitución de 1.156 luminarias no alumeado público por outras de tipo LED

O Concello vén de executar cinco novos proxectos de eficiencia enerxética financiados ao 80% con fondos da Unión Europea a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

O obxectivo principal de todas estas actuacións é cambiar as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED que cumpran cos requisitos técnicos esixidos polo IDAE e permitan conseguir os seguintes obxectivos:
a) Reducir o consumo de enerxía eléctrica da instalación reformada, como mínimo, nun 30%. Neste caso conseguirase o aforro do 70%.
b) Reducir o consumo de Enerxía Primaria e de emisión de CO2 (un gas de efecto invernadoiro).
c) Cumprir coas esixencias de alumeado do Regulamento de Eficiencia Enerxética en Instalacións de Alumeado Exterior.
d) Regular os niveis de iluminación segundo diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose ás necesidades dos veciños e veciñas.

As actuacións principais, realizadas ao longo do territorio municipal, consistiron no cambio dun total de 1.156 luminarias por outras novas de tecnoloxía LED, substituíndo a maioría dos elementos de soporte que se atopan deteriorados xunto con metros de cable aéreo trenzado, e o cambio de 23 cadros eléctricos; co obxecto de garantir o cumprimento da normativa vixente.

Nos vindeiros meses, coa financiación de novas subvencións, completarase a renovación de todo a alumeado público chegando a cambiar en total case 2300 farolas a tecnoloxía led.

Ler Máis
14 Feb
0

Avanzan os traballos de limpeza en 90 parcelas das Neves en aplicación do convenio con Seaga

O pasado ano 2020, o Concello asinou o convenio con Seaga para a xestión da biomasa das parcelas situadas nas faixas de protección dos núcleos de poboación das parroquias de Liñares,Tortoreos e As Neves; faixas que afectan até 50 metros arredor das zonas urbanas, urbanizables ou de núcleo rural ou arredor de vivendas ou instalación illadas.



As parcelas incluídas suman un total de 135 hectáreas, das cales 45 están en uso ou ben xestionadas habitualmente. Das restantes 90 hectáreas, non xestionadas polos seus propietarios ou propietarias, ata agora a veciñanza ten contratados, coa empresa, os servizos de limpeza para unhas 20 hectáreas aproximadamente.



Actualmente xa se está a traballar en 90 parcelas e arredor de 2.5 hectáreas. Os traballos están sendo supervisados polo Concelleiro de Medio Ambiente, Óscar González, que está a visitar as parcelas sobre as que se está actuando con brigadas e un pequeno tractor, para comprobar que as labores se están a desenvolver correctamente e sen danar peches ou lindes de propiedades.

Ler Máis
10 Feb
0

Proxecto de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público en Tortoreos – Monte, As Neves – (Guláns, Porqueira e Estación), Vide – Prado, Taboexa – (Carreirachán e O Caneiro), Rubiós – (Carrasqueira, Moo e As Gándaras)

O Concello das Neves acomete este proxecto (FEDER-EELL-2019-000533) de eficiencia enerxética financiado ao 80% con fondos da Unión Europea a través do IDAE.

O obxectivo principal desta actuación é cambiar as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED que cumplan cos requisitos técnicos elexibles para este tipo de luminarias según documento recoñecido polo IDAE e permitan conseguir os seguintes obxetivos:
a) Reducir o consumo de enerxía eléctrica da instalación reformada en, polo menos, un 30%.
b) Reducir o consumo de Enerxía Primaria e de emisión de gases de efecto invernadoiro (CO 2 )
c) Cumprir coas esixencias lumínicas do Reglamento de Eficiencia  Energética en Instalaciones de Alumbrado Exterior.
d) Regular os niveis de iluminación según diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose a las necesidades dos cidadans.


Concretamente e, en resumo, as actuacións principais consistiron no cambio de 203 luminarias por outras novas de tecnoloxía LED, sustituindo a maioría dos elementos de soporte que se atopan deteriorados xunto con metros de cable aéreo trenzado e o cambio de 7 cadros eléctricos co obxeto de garantizar el cumprimento da normativa vixente. Na seguinte táboa móstrase o número de puntos nos que se actuou desglosados por cadro:

CÓDIGO NOMBRE NUMERO PUNTOS
C016 Carreirachán 68
C018 O Caneiro 13
C026 A Carrasqueira 25
C034 Estación 7
C037 Guláns 13
C039 A Porqueira 17
C043 Prado 7
C055 A Moo 19
C056 As Gándaras 29
C058 Monte 10
    203

Fotografías:

Documentos:

Prego de Prescripcións Técnicas

 

Ler Máis
10 Feb
0

Axudas á mocidade para a compra de vivenda

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convoca axudas á mocidade para a adquisición de vivenda:

✅ Subvencións para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes, que se tramitarán co código de procedemento VI435A.

✅ Subvencións para a adquisición de vivenda nos centros históricos, que se tramitarán co código de procedemento VI400A.

????Requisitos das persoas

Persoas mozas maiores de idade que, teñan menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude, e reúnan os seguintes  requisitos:
1. Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.

2. Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM 2021: 564,90 €
Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia  numerosa de categoría xeral ou se dentro da súa composición existen persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación.

O referido límite será de cinco veces o IPREM cando sexa unha familia
numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
– Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
– Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

3. Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á data da presentación da correspondente solicitude.

4. Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.

5. Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.

???? Requisitos da vivenda

1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes, (procedemento VI435A)

2. Que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico, (procedemento VI400A)

3. Que se trate dunha vivenda xa construída, tanto vivenda nova como usada.

???? Requisitos do prezo de adquisición da vivenda

1. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 100.000 euros.

2. No caso de subvencións para a adquisición de vivenda en centros históricos, que o prezo de adquisición da vivenda, no caso de que estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, non supere o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de
réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior, computando unha superficie útil de 120 m² e sen incluír os gastos e tributos inherentes á dita adquisición.

Este prezo máximo incrementarase nun 8 % no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2 % no suposto de dispoñer de rocho.

???? Tramitación

✅ As solicitudes tramitaranse de xeito preferente en https://sede.xunta.gal/portada cos procedementos VI435A e VI400A.

✅ O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de setembro de 2021.

✅Máis información no DOG do 2 de febreiro de 2021 e en http://igvs.xunta.gal/

Ler Máis
09 Feb
0

Este martes empeza na provincia o programa de detección da COVID con entrega de mostras de saliva na farmacia

O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra informa de que este martes, 9 de febreiro comeza nas farmacias da provincia– entre elas dúas das Neves situadas en rúa Marquesa do Pazo, 50 (Tfno.-986648234)  e Praza San Agustín, 4 (Tfno.-986648139),o Programa de deteción do COVID-19 en persoas asintomáticas mediante a autorecollida de mostras dunha mostra de saliva.

Entre 40 e 64 anos

Segundo o convenio asinado entre o Colexio de Farmacéuticos e a Consellería de Sanidade, o “Programa para a detección do virus SARS-CoV-2″ abrangue á poboación de entre 40 e 64 anos de idade e poderá estenderse a outros rangos de idade “dependendo a situación epidemiolóxica”. 

Requisitos

Será o farmacéutico/a quen indique a proba á poboación diana, que debe cumprir cos seguintes criterios:

???? Ter tarxeta sanitaria Sergas
???? Dispoñer dun teléfono móbil no que recibir o resultado da proba
???? Non ter un resultado positivo por COVID-19 nos últimos 3 meses
???? Non ser paciente paliativo ou inmobilizado
???? Non traballar ou vivir nunha residencia para maiores ou persoas con discapacidade
???? Non ser contacto de seguimento COVID-19
????Non ter feito unha PCR nos últimos 15 días

Ademáis, para participar neste programa, a persona non pode presentar síntomas compatibles coa infección ocasionada pola COVID-19. Se fora así, o/a farmacéutico/a deberá derivala ao seu centro de saúde para que solicite unha PCR con mostra nasofarínxea o antes posible.

Ler Máis
08 Feb
0

Proxecto de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público en Setados – Rañade, O Calvario e Taboexa

O Concello das Neves acomete este proxecto (FEDER-EELL-2019-000535) de eficiencia enerxética financiado ao 80% con fondos da Unión Europea a través do IDAE.

O obxectivo principal desta actuación é cambiar as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED que cumplan cos requisitos técnicos elexibles para este tipo de luminarias según documento recoñecido polo IDAE e permitan conseguir os seguintes obxetivos:
a) Reducir o consumo de enerxía eléctrica da instalación reformada en, polo menos, un 30%.
b) Reducir o consumo de Enerxía Primaria e de emisión de gases de efecto invernadoiro (CO 2 )
c) Cumprir coas esixencias lumínicas do Reglamento de Eficiencia  Energética en Instalaciones de Alumbrado Exterior.
d) Regular os niveis de iluminación según diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose a las necesidades dos cidadans.


Concretamente e, en resumo, as actuacións principais consistiron no cambio de 239 luminarias por outras novas de tecnoloxía LED, sustituindo a maioría dos elementos de soporte que se atopan deteriorados xunto con metros de cable aéreo trenzado e o cambio de 3 cadros eléctricos co obxeto de garantizar el cumprimento da normativa vixente. Na seguinte táboa móstrase o número de puntos nos que se actuou desglosados por cadro:

CÓDIGO NOMBRE NUMERO PUNTOS
C017 Taboexa – Carrasqueira 63
C021 O Calvario – Rubiós 70
C040 Setados – Rañade 106
    239

Fotografías:

Documentos:

Prego de Prescripcións Técnicas

Xustificación da actuación e o cumprimento de obxectivos

Ler Máis
08 Feb
0

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores estará o venres día 12 nas Neves

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores, desprazarase ao Concello das Neves o venres, día 12 de febreiro.

Estará nas inmediacións da piscina municipal en horario de 9:00 h a 13:30 h (só de mañá).

???? Para solicitar cita previa: ✅ Por teléfono: 902 30 90 00 ✅ a través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa

Ler Máis
06 Feb
0

Nas Neves a hostalería e o comercio seguen moi preto de ti…aquí os tes

A hostalería e o comercio das Neves seguen preto das veciñas e veciños…ainda que non poidan colocar as súas mesas ou atender aos seus clientes coma sempre. Temos:

???? Hostalería que ofrece recollida/envío a domicilio

???? Comercio con envío a casa 

???? Comercio só con atención no establecemento

✅ A Hostalería e o Comercio das Neves adaptáronse á realidade COVID e ofrecen os seus servizos con total seguridade e coa mesma calidade. 

Podes acudir a eles cando o precises: coñeceos, están preto, son de confianza, son os teus veciños, saben o que buscas e teñen os mellores produtos. Son eles:

Ler Máis