Blog

04 Feb
0

1.669 veciñas e veciños das Neves citados para participar nun ‘cribado’ mediante probas PCR

A Área Sanitaria de Vigo continúa cos cribados poboacionais a persoas asintomáticas para detectar aquelas positivas que non presentan síntomas clínicos. Neste contexto, nestes días vaise realizar este cribado, mediante a proba PCR, a 1.669  persoas do concello das Neves.

De feito, as persoas seleccionadas xa están  acudindo hoxe a realizarse a proba PCR no Covid-Auto do Meixoeiro, e o farán ata o próximo domingo.

O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten clínica, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública; ao ter un bo estado de saúde, continúan coa súa vida habitual e, polo tanto, poden ser potenciais contaxiadores e estar contribuíndo á expansión do virus.

Entre 20 e 70 anos de idade

A Área Sanitaria de Vigo oferta participar neste cribado a unha porcentaxe da poboación no rango de idade entre 20 e 70 anos; que non teña realizada unha proba PCR no que vai de ano; e dispoña dun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos “Lembra”, que autoriza ás autoridades sanitarias a enviar notificacións a través de mensaxes SMS.

As persoas seleccionadas son contactadas polo Servizo Galego de Saúde e invitadas a realizarse a proba diagnóstica PCR. A súa participación é completamente voluntaria. Se deciden aceptar, se lles facilita unha cita -con dia e hora- para achegarse ao dispositivo sanitario habilitado, no que se lle tomará unha mostra nasofarínxea para o seu posterior procesamento.

Ler Máis
04 Feb
0

Tarxeta Benvida: axudas a familias que teñan ou adopten un fillo en 2021

A Consellería de Política Social convoca unha axuda económica para as familias que no ano 2021 teñan un/unha fillo/a, adopten, ou estean en situación de garda con fins adoptivos.

✅ Contía da axuda

− Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes.

✅ Aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito a axuda no segundo ano de vida, e ata que o neno ou nena faga 3 anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos nas seguintes contías:

a) 600 €/ano, a razón de 50 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.
b) 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo.
c) 2.400 €/ano a razón de 200 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ousucesivos. 

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:
a) Ter fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nadas/os entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.
b) Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

Presentación de solicitudes

Deberá facerse en sede.xunta.es cos procedementos BS403B. O prazo para facelo é de dous meses desde o día seguinte ao nacemento ou ao día no que se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.

???? Orde da convocatoria publicada no DOG nº11, do 19 de xaneiro de 2021: bit.ly/36Arplb

????Máis información en http://www.familiasgalegas.org e en tarxetabenvida.familia@xunta.gal.

Ler Máis
03 Feb
0

O SERGAS cita a veciñas e veciños das Neves para un ‘cribado masivo’

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) procederá a realizar un ‘cribado aleatorio’ a máis de mil veciñas e veciños das Neves . Nas últimas horas, xa comezaron a recibir as citas nos seus teléfonos, mediante SMS.

Así llo comunicou o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, ao alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, logo de que lle insistise na urxencia de realizar este cribado á vista da incidencia da COVID no concello.

As probas realizaranse en Vigo, no Instituto Feiral (IFEVI) e no ‘CovidAuto’ do Hospital do Meixoeiro e para as mesmas tomarase unha mostra nasofarínxea.

Ler Máis
02 Feb
0

O Concello das Neves contratará 10 persoas para garantir o bo funcionamento dos servizos municipais


O Concello das Neves vén de aprobar en Xunta de Goberno Local, o ‘Plan de Contratación de 2021’.

Dentro deste Plan ao abeiro do Plan Concellos 2021, solicitouse á Deputación de Pontevedra unha relación de postos a contratar neste ano, que serán un total de 10 persoas para realizar os traballos de conservación de bens públicos e para o correcto funcionamento dos servizos municipais.



Os postos de traballo, distribuídos en 3 grupos, serían os seguintes:
a. Mantemento de infraestruturas e servizos municipais,
− 2 Fontaneiros/as. 6 meses de duración de contrato, a tempo completo.
− 2 Peóns forestais. 9 meses de duración de contrato, a tempo completo.
− 2 Peóns de obras públicas. 9 meses de duración de contrato, a tempo.

b. Mantemento de maquinaria e vehículos municipais:
1 Condutor/a ou operador/a de maquinaria. 10 meses de duración de contrato, a tempo completo.

c. Prestación de servizos públicos:
2 Peóns de recollida de lixo. 10 meses de duración de contrato, a tempo completo.
1 Monitor/a de servizos a comunidade. 10 meses de duración de contrato, a tempo completo.

Para optar a estes postos de traballo as persoas deberán ser demandantes de emprego estando inscritas no Sepe (Servizo Público de Emprego), antigo Inem.

O plan de emprego, cun custe total de 133.154,06 €, cubriríase con 122.662,91 € da Liña 3 do Plan Concellos e cunha achega municipal de 10.491,15 €.

Ler Máis
01 Feb
0

Aberto o proceso de selección de 24 persoas empadroadas nas Neves para empresa de automoción

Aberto o proceso de selección de 24 persoas empadroadas nas Neves para unha importante empresa do sector do automóbil situada no Polígono Industrial A Granxa, no Porriño, en colaboración co Concello das Neves.

O obxecto da selección é a participación en cursos de formación coas seguintes condicións:

Compromiso de contratación do 40% das persoas participantes, ás cales se lles ofrecerá un contrato a tempo completo por duración de 6 meses prorrogables ata chegar a 12 meses continuados de traballo.

✅ O resto das persoas que superen os cursos incorporaranse a bolsa de emprego da empresa e facilitaráselles a incorporación en empresas do sector do automóbil.


1.    “Operaciones de inyección y montaje de plásticos” 

Data Inicio: 17/02/2020        Nº prazas:    12        Nº Horas Curso: 176


2.    “Personal Operario Logística”

Data Inicio: 19/02/2020        Nº prazas:    12        Nº Horas Curso:    160


????Requisitos de Acceso 
–    Estar empadroado/a nas Neves.
–    Estar inscrito/a coma demandante de emprego.
–    Dispor de nivel de formación superior a ESO.

????Inscribirse no programa 
–    Enviar o Curriculum Vitae e un volante de empadroamento actual a: albval@maier.es
–    Indicar o curso no que se quere inscribir.
–    Prazo de inscrición ata o 05/02/2021.

???? Proceso de Selección do Persoal 
–    Superar proba psicotécnica.
–    Entrevista persoal.

Ler Máis
31 Xan
0

O Concello adáptase á nova situación creada polo aumento dos casos de COVID

Ante a actual situación epidemiolóxica e tralas medidas que entraron en vigor este mércores, 27 de xaneiro, o Concello actualizou o seu procotolo Covid:

Aumento do teletraballo entre as e os empregados municipais de servizos non esenciais, mantendo sempre cuberta a atención ao público de xeito presencial nas diferentes dependencias e departamentos. Ademais, como medida de protección, proporcionaránselle máscaras de tipo FFP2 a todo o persoal municipal.

✅ Recoméndase o uso da atención por vía telefónica, ou outra vía non presencial: ☎️ Casa do Concello: 986 64 80 38 // concello@asneves.gal
☎️ Servizos Sociais: 986 66 71 34 // servizossociais@asneves.gal

✅ Atención ao público presencial:  só cita previa, chamando aos teléfonos indicados arriba, ou a través da sede electrónica do Concello: https://concelloasneves.sedelectronica.gal/citaprevia.1

Control de acceso ás dependencias municipais.

✅ Pechada ao público a Biblioteca Municipal. Mantense suspendida tamén a actividade no auditorio e na Casa da Xuventude, que estará tamén pechada

Ler Máis
29 Xan
0

Bono de Alugueiro Social

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), vén de convocar axudas para atender de carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:
• Aqueles que teñan unha demanda de desafiuzamento por non pagamento da renda mensual.
• Vítimas de violencia de xénero.
• Aquelas que fosen privadas da súa vivenda habitual por circunstancias imprevisibles.
• Aquelas que tendo sido beneficiarias do PROGRAMA ALUGA, desfrutasen da totalidade da subvención e lles rematase dentro dos seis meses anteriores á solicitude do novo programa.
• Aquelas que sendo arrendatarias dunha vivenda de promoción pública finalizase o contrato na entrada en vigor desta orde.
• Aquelas que son privadas da súa vivenda habitual por procedementos xudiciais.

Prazo de solicitude

O prazo de solicitude estará aberto ata o esgotamento da partida orzamentaria contida na convocatoria e, en todo caso, o día 10 de decembro de 2021.

Documentación

A documentación para solicitala debe presentarse nas dependencias de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de As Neves.

Para facelo, é imprescindible solicitar cita previa chamando ao teléfono 986 667 134 ou enviando un correo electrónico a servizossociais@asneves.gal

Ler Máis
28 Xan
0

Proxecto de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público en Vide (Requeixo e estrada xeral), Tortoreos (Pallotas), As Neves (Estación Pista) e Rubiós (Igrexa)

O Concello das Neves acomete este proxecto (FEDER-EELL-2019-000536) de eficiencia enerxética financiado ao 80% con fondos da Unión Europea a través do IDAE.

O obxectivo principal desta actuación é cambiar as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED que cumplan cos requisitos técnicos elexibles para este tipo de luminarias según documento recoñecido polo IDAE e permitan conseguir os seguintes obxetivos:
a) Reducir o consumo de enerxía eléctrica da instalación reformada en, polo menos, un 30%.
b) Reducir o consumo de Enerxía Primaria e de emisión de gases de efecto invernadoiro (CO 2 )
c) Cumprir coas esixencias lumínicas do Reglamento de Eficiencia Energética en Instalaciones de Alumbrado Exterior.
d) Regular os niveis de iluminación según diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose a las necesidades dos cidadans.


Concretamente e, en resumo, as actuacións principais consistiron no cambio de 231 luminarias por outras novas de tecnoloxía LED, sustituindo a maioría dos elementos de soporte que se atopan deteriorados, e o cambio de 5 cadros eléctricos co obxeto de garantizar el cumprimento
da normativa vixente. Na seguinte táboa móstrase o número de puntos nos que se actuou desglosados por cadro:

CÓDIGO NOMBRE NUMERO PUNTOS
C022 Rubiós (Igrexa) 28
C035 Estación Pista 15
C044 Vide (Requeixo) 48
C045 Vide (Estrada Xeral) 123
C057 Tortoreos (Pallotas) 17
    231

Fotografías:

Documentos:

Prego de Prescripcións Técnicas

Xustificación da actuación e o cumprimento de obxectivos

Ler Máis
28 Xan
0

Aforro e eficiencia enerxética no alumeado público en As Neves (Outeiro e Paredes, Vide (As Barreiras e Costa), Rubiós (O Couto) e Millaxendo

O Concello das Neves acomete o proxecto (FEDER-EELL-2019-000534) de eficiencia enerxética financiado ao 80% con fondos da Unión Europea a través do IDAE e asumindo o lema “Unha maneira de facer Europa”

O obxectivo principal desta actuación é cambiar as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED que cumplan cos requisitos técnicos elexibles para este tipo de luminarias según documento recoñecido polo IDAE e permitan conseguir os seguintes obxetivos:
a) Reducir o consumo de enerxía eléctrica da instalación reformada en, polo menos, un 30%.
b) Reducir o consumo de Enerxía Primaria e de emisión de gases de efecto invernadoiro (CO 2 )
c) Cumprir coas esixencias lumínicas do Reglamento de Eficiencia Energética en Instalaciones de Alumbrado Exterior.
d) Regular os niveis de iluminación según diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose a las necesidades dos cidadans.


Concretamente e, en resumo, as actuacións principais consistiron no cambio de 243 luminarias por outras novas de tecnoloxía LED, sustituindo a maioría dos elementos de soporte que se atopan deteriorados, e o cambio de 4 cadros eléctricos co obxeto de garantizar el cumprimento
da normativa vixente. Na seguinte táboa móstrase o número de puntos nos que se actuou desglosados por cadro:

CÓDIGO NOMBRE NUMERO PUNTOS
C020 Millaxendo 34
C023 O Couto 61
C036 Outeiro(Aldea) 27
C038 Paredes 26
C041 Vide As Barreiras 46
C042 Vide A Costa 49
    243

Fotografías:

 

Documentos:

Prego de Prescripcións Técnicas

Xustificación da actuación e o cumprimento de obxectivos

Ler Máis
27 Xan
0

Axudas urxentes para evitar o corte de electricidade a familias en risco de exclusión

A Consellería de Economía, Empresa e Innovación, vén de convocar unhas axudas destinadas ao pagamento da factura eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social.

A metade do importe do recibo

Con elas cóbrese o 50% do importe das facturas da electricidade da vivenda habitual, sempre e cando estean pendentes de pagamento e emitidas entre os dous meses anteriores á data da solicitude e ao 30 de novembro de 2021.

De 300 a 450 euros ao ano

A contía será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 300€/ano, ou 450€/ano en caso de familias numerosas. O prazo de solicitude estará aberto dende o 23 de xaneiro do 2021 ata o 31 de outubro de 2021.

Documentación

A documentación debe presentarse nas dependencias de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de As Neves. Para facelo, é imprescindible solicitar cita previa chamando ao teléfono 986 667 134 ou enviando un correo electrónico a servizossociais@asneves.gal

???? A documentación a presentar inclúe:
• Algunha factura eléctrica que acredite a condición de consumidor vulnerable severo.

• Título de familia numerosa, se procede.

???? Enlace ao DOG no que se publica a convocatoria: https://bit.ly/3p6s8lu

Ler Máis