Solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.
Publicación Anuncio no Portal Web ORDENANZA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL
Solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.
Publicación Anuncio no Portal Web ORDENANZA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL
A proposta de orzamentos municipais para 2021 foi aprobada na sesión extraordinaria do Pleno, cos votos a favor dos grupos do goberno (BNG e PSdG-PSOE) e o rexeitamento da oposición (PP e concelleiro non adscrito).
Trátase duns orzamentos condicionados pola situación social que haberá que afrontar este 2021, así como a condición de Administración máis achegada á cidadanía da que gozamos os concellos, xunto á asunción por delegación pouco razoable da Xunta e do Estado de competencias impropias.
A proposta reflicte a cohesión do Goberno, plasmada na elaboración en prazo do Orzamento, e con pleno acordo na identificación das necesidades do Concello e en como abordalas.
2.531.000 euros
O Orzamento ascende á contía de 2.531.000,00 €, e avanza no camiño trazado nos últimos anos de eficiencia na xestión dos recursos, tanto no capítulo de Ingresos coma na área de Gasto; cumprindo ademais as magnitudes orzamentarias, tanto de aforro neto como de estabilidade orzamentaria, así como a relativa á débeda viva, á carga financeira e ao teito de gasto.
Así, destaca o aumento nun 17% do gasto asumido en actuacións de protección e promoción social, nomeadamente o Servizo de Axuda no Fogar, sendo insuficiente a cantidade financiada pola Xunta de Galicia, e obrigando ao Concello a asumir unhas competencias impropias sen financiamento.
Créase unha partida nova para Emerxencia Social, e mantense o compromiso de colaboración coas comunidades de augas, coa achega de 20.000 € para subvencións a conceder por concorrencia competitiva.
Contémplanse tamén no documento cantidades destinadas a co-financiar proxectos subvencionados por outras administracións e a redacción de proxectos a presentar en convocatorias de axudas que permiten ao Concello realizar actuacións que, de non ser así, non poderían executarse. Dende a Alcaldía sublíñase a importancia do traballo nesta liña realizado nos últimos anos, que permitiu no ano 2020 executar 5.700.000 €, cun orzamento municipal de 2.501.625,00 €.
Subvencións a entidades sen fins de lucro
Asígnase o mesmo importe que no exercicio anterior para as subvencións a entidades ou asociacións sen fins de lucro, coa notable diferenza de que a maioría van a ser concedidas por concorrencia competitiva, excepto a cantidade para subvención destinada á Asociación da Banda de Música de Rubiós de 51.000,00 €, por contar coa escola musical; tamén a cantidade de 7.000€ asociada ao Neves FC que xestiona tamén o fútbol base; ademáis as cantidades de 5.000 € para o Badmintón As Neves e de 3.000 euros para o Clube Cornelios que compiten no ámbito nacional e internacional, quedando para concorrencia competitiva a cantidade de 16.750,00 €.
As bases das convocatorias das distintas modalidades de axudas (culturais, deportivas, de fomento da actividade comercial, sociais, ou de actividades extraescolares) serán debidamente creadas aprobadas, e postas en coñecemento dos colectivos interesados, co obxecto de permitir a elaboración dunha axeitada planificación e elaboración de propostas a presentar para a súa valoración dentro dos prazos marcados.
Na sesión tamén se aprobou a adhesión ao convenio para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID19.
Xunto coa despedida do ano 2020 e os bos desexos para o 2021, dende a Alcaldía fíxose entrega a toda a Corporación Municipal dunha máscara hixiénica reutilizable e unha chapa do programa #ViveNasNeves.
Fóra das actividades de Nadal, este martes, 5 de xaneiro, non haberá a tradicional Cabalgata de Reis, a causa das restricións pola COVID, pero teremos ‘Animación de rúa” polo centro Urbano a cargo da compañía de Pablo Mèndez, co espectáculo ‘Figuriñas de Nadal’.
Excelente acollida dende o primeiro día da enquisa lanzada polo Concello para recoller a percepción que teñen sobre As Neves as veciñas e veciños actuais, antigos residentes e persoas que coñecen o noso territorio.
A mesma, que comezara hai dúas semanas, estará activa ata o vindeiro día 31 así que aínda podes participar! Contamos todas e todos para construír As Neves que queremos.
Este é o enlace para acceder á enquisa: https://forms.gle/J4Xw58tQHHGPJj767
Este mércores 30 de decembro estará unha unidade móbil de Doazón de Sangue fronte ao Centro de Saúde. O horario vai ser de 10:00 a 14:00 h, e de 16:00 a 21:00 h.
Agora mesmo, están baixas as reservas de Cero Negativo (0-), A Positivo (A+) e A Negativo (A-).
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembra que son necesarias 500 donacións diarias de sangue para facer fronte ás necesidades dos centros sanitarios galegos.
Dentro do programa de ‘Actividades de Nadal’, este sábado, 26 de decembro, a partir das 12:00 h teremos un pasarrúas do ‘Apalpador’ polo Centro Urbano das Neves.
O domingo 27 ás 18:30 h, no Auditorio Municipal, haberá unha sesión de teatro familiar coa obra ‘Carabela’ da compañía Galeatro.
Como en todas as ocasións, está vixente o ‘Protocolo Covid’, polo cal recoméndase reservar asento en bit.ly/teatrocarabela
O Voluntariado, As Neves Zona 0, realizou unha doazón ao Banco Municipal de Alimentos por un importe de 1.020,16 €, para completar a entrega do Nadal, efectuada esta semana.
???????? As ‘Ludotecas de Nadal 2020’ do Concello aínda teñen prazas libres e estás a tempo de inscribirte
Nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade
As mesmas están destinadas a nenas e nenos empadroados en As Neves, pertencentes a familias monoparentais ou aquelas que as dúas persoas proxenitoras estean en situación laboral activa, con idades
comprendidas entre os 6 e os 12 anos cumpridos no momento de inicio da ludoteca.
Favorecer a conciliación
O fin desta actividade é favorecer a conciliación, facendo especial fincapé na tarefa de coidado de menores que a miúdo recae nas nais. Así como facer fronte ao impacto da COVID-19 para que as tarefas de coidado non recaian naquelas persoas máis vulnerables, como soen ser as avoas e avós.
Esta actuación ofrece unha alternativa lúdica e educativa á cativada do concello durante o período de vacacións do Nadal.
???? Para saber como facer a inscrición podes premer aquí.
O Concello das Neves convoca o proceso selectivo e publica as bases para a constitución da bolsa de emprego de auxiliar administrativo.
As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude nos 5 días naturais seguintes aos da publicación nun periódico galego de alta difusión.
Bases:
Decreto de Convocatoria e Bases de Selección da bolsa para Auxiliar de Biblioteca
Documento de solicitude e listados:
Anuncio no periódico: (publicación do domingo 1 de marzo de 2020)
Anuncio_lista provisional de admitidos_as e excluidos_as
Anuncio resultados definitivos do 1º exercicio e data do 2º exercicio
Anuncio da corrección de erros – convocatoria do 2º exercicio
Anuncio dos resultados do 2º exercicio
Anuncio da baremación e puntuacións totais