Blog

22 Dec
0

O espazo cedido polo Concello ao Sergas é xa unha sala máis do Centro de Saúde das Neves

Continúan as melloras no Centro de Saúde coa colocación de dúas alfombras mixtas de desinfección e secado anti-COVID para as dúas entradas do centro (a principal e o novo espazo habilitado), que serán substituídas mensualmente, e desinfectadas diariamente.

Ducha para o persoal

Tamén se instalou unha ducha para a desinfección e limpeza do persoal do centro nun espazo que xa estaba reservado para a mesma, pero na que nunca chegara a poñerse.

O espazo da antiga escola infantil incorporada ao Centro de Saúde

A zona que antes ocupaba a Galiña Azul, cedida polo Concello, xa se atopa totalmente acondicionada e en funcionamento como unha sala máis do Centro de Saúde.

O Concello das Neves mantén así o seu compromiso cun servizo fundamental como a sanidade, que tamén manifestou na reunión mantida o 30 de novembro no Concello co xerente da Área Sanitaria ao que trasladou a necesidade de activar a atención presencial.

Esta necesidade  xa fora manifestada no Pleno do 3 de novembro, a raíz dunha moción presentada polo grupo municipal do BNG, aprobada co apoio do PSOE, a abstención de Eduardo Mariño, e os votos en contra do PP.

Ler Máis
22 Dec
0

RESULTADO DA FASE DE CONCURSO E PUNTUACIÓNS TOTAIS FINAIS DAS FASES DE OPOSICIÓN+CONCURSO NO PROCESO SELECTIVO AUXILIAR BIBLIOTECA

Ler Máis
21 Dec
0

Obradoiro de emprego ‘Coidar de Nós’

 

Actualización-Listados de alumnas alumnos e persoal docente e de administración seleccionado

Acta SELECCION ALUMNADO TRABALLADOR_A SOCIOSANITARIOS

Acta_SELECCION ALUMNADO PEONS FORESTAIS

Acta SELECCION DOCENTES FORESTAIS

Acta SELECCION DOCENTES AREA SANITARIA

Acta SELECCION DOCENTES AREA SOCIAL

Acta SELECCION ADMINSTRATIVO_A

Acta SELECCION TITOR_A

Acta SELECCION DIRECTOR_A

 

Comunicación inicial

Os Concellos de Ponteareas e As Neves inician o desenvolvemento dun novo obradoiro de emprego. Será unha nova edición do que xa fora impartido anteriormente, e que inclúe as modalidades de atención socio-sanitaria e conservación e mellora de montes e traballos forestais.

20 prazas e traballo durante 9 meses

Cun total de 20 prazas (10 para cada modalidade) para os dous concellos, o obradoiro ‘Coidar de nós III‘ permitirá ao alumnado obter unha cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo durante nove meses.

Así, o alumnado-traballador será contratado, e percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.

Inscrición en oficinas ou no portal electrónico de Emprego

Para participar é preciso inscribirse na oficina de emprego (cita previa chamando ao 012) ou no portal electrónico de Emprego da Xunta de Galicia cumprindo os seguintes requisitos: ser maior de idade e poder realizar un contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado ao obradoiro mediante un contrato de tales características.

Máis información do obradoiro en: https://bit.ly/3nzAnVS

Ler Máis
18 Dec
0

Programación de Nadal nas Neves

Hoxe, venres 18 de decembro, dá comezo a programación de Nadal, marcada pola pandemia da Covid-19.

Se inicia coas visitas do Apalpador ás escolas unitarias de Rubiós e Taboexa e ao patio de Infantil do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé.

A partir do domingo, día 20 e, ata o 7 de xaneiro, haberá actividades de lecer xuvenil na Casa da Xuventude, que abrirá de martes a domingo de 17:00 h a 22:00 h (agás os días 24 e 31, que pechará ás 21:00 h).

Entre os días 23 de decembro e 8 de xaneiro, desenvolveranse as ludotecas de Nadal para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos en horario de mañá e de tarde. Actividade previa inscrición que xa foi pechada.

Fin de semana 26 e 27 de decembro

Na seguinte fin de semana (26 e 27 de decembro) teremos un pasarrúas do Apalpador polo Centro Urbano, o sábado 26 de decembro a partir das 12:00 h. E, o domingo 27 ás 18:30 h, no Auditorio Municipal, haberá unha sesión de teatro familiar coa obra Carabela da compañía Galeatro.

Os agasallos de Reis, nas escolas

Para finalizar, e debido a que este ano non é posible realizar a Cabalgata de Reis, os agasallos para os máis pequenos e pequenas van deixarllos nos centros de ensino; a Galiña Azul, a Escolas de Unitarias de Rubiós e Taboexa e o CEIP Marquesa do Pazo da Mercé.

Ler Máis
17 Dec
0

RELACIÓN DE ASPIRANTES QUE APROBARON O 2º EXAME, EXERCICIO PRÁCTICO, DA SELECCIÓN DUN AUXILIAR BIBLIOTECA

(PERSOAL LABORAL TEMPORAL GRUPO IV) , PREVISTA NO ORZAMENTO MUNICIPAL PARA 2020, E CONFECCIÓN DE BOLSA DE TRABALLO

Ler Máis
15 Dec
0

Listas de admitidos nas ‘Ludotecas de Nadal’ das Neves

O Concello das Neves fai público este martes o listado de admitidos  nas Ludotecas de Nadal – que podes consultar premendo aquí LISTADO ADMISIÓN DECEMBRO,  LISTADO ADMISIÓN XANEIRO que terán lugar dende o día 23 ao 31 de decembro e do 4 ao 8 de xaneiro de 2021.

Nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade

As ludotecas están destinadas a nenas e nenos empadroados en As Neves, pertencentes a familias monoparentais ou aquelas que as dúas persoas proxenitoras estean en situación laboral activa, con idades
comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

Favorecer a conciliación

O fin desta actividade é favorecer a conciliación, facendo especial fincapé na tarefa de coidado de menores que a miúdo recae nas nais. Así como facer fronte ao impacto da COVID-19 para que as tarefas de coidado non recaian naquelas persoas máis vulnerables, como soen ser as avoas e avós.

Esta actuación ofrece unha alternativa lúdica e educativa á cativada do concello durante o período de vacacións do Nadal á vez que se fomentan os valores de igualdade, solidariedade, convivencia e respecto ao medio ambiente e a contorna na que viven.

Horario e duración
Horario:
• Mañás de 10,00 a 14,00 horas
• Tardes de 16,00 a 20,00 horas
Duración: Días 23, 24, 26, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 4, 5, 7 e 8 de xaneiro.

Emprazamentos das ludotecas
• Escola de Liñares.
• Escola de Rubiós.
• Centro Cultural As Soidades (Santiago de Ribarteme).

Ler Máis
14 Dec
0

Enquisa: Que pensas sobre a calidade de vida nas Neves?

O Concello das Neves vén de poñer en marcha un estudo para coñecer a percepción que teñen sobre a nosa vila, tanto as veciñas e veciños actuais como os antigos e tamén os non residentes.

Para poder avaliar a calidade de vida no noso  concello pedímosche que  adiquedes uns minutos a responder a unha enquisa, á que podedes acceder premendo neste enlace: https://forms.gle/J4Xw58tQHHGPJj767

Os datos serán anónimos e tratados de xeito confidencial. Agradecémosche a túa colaboración.

Ler Máis
13 Dec
0

Súmate á campaña por unha canle Xabarín Club na TVG

O Concello das Neves sumouse no mes de novembro o seu apoio á campaña para a creación dunha canle Xabarín Club na TVG e máis mellor difusión de programación infantil e xuvenil, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística. Proposta que será levada ao Parlamento galego mediante Proposición Non de Lei (PNL).

Lembra que podes asinar na Biblioteca ou na Casa da Xuventude.
 Poden asinar as persoas maiores de idade empadroadas en calquera concello galego.

Ler Máis
12 Dec
0

Última sesión de ‘Cultura no Outono’ con ‘Noite Irisada’

O programa de ‘Cultura no Outono’ remata este domingo, 13 de decembro ás 19:00 h, coa proxección do documental ‘Noite Irisada’. Dirixido por Bea V Campaña, no filme os protagonistas son principalmente mulleres e homes que durante décadas pelexaron e defenderon os dereitos das lesbianas e dos gays en Galicia.

Trátase do único documental galego desta temática, e finalista a mellor documental nos premios Mestre Mateo.

Debido á limitación do aforo, recoméndase realizar a reserva de asentos previamente no enlace: bit.ly/culturaoutono

Ler Máis
11 Dec
0

Anuncio corrección erros convocatoria 2º exercicio proceso selectivo Auxiliar Biblioteca

Anuncio corrección erros convocatoria 2º exercicio proceso selectivo Auxiliar Biblioteca

Ler Máis