Blog

21 Ago
0

O Concello informa

Ler Máis
18 Ago
0

Traballadoras e usuarias do Centro de Día das Neves dan negativo para COVID-19

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vėn de informar ao Goberno municipal das Neves que todas as 8 usuarias do Centro de Día e  14 traballadoras deron negativo por COVID-19 na primeira proba realizada.

Todas elas están en ‘cuarentena’ dende o pasado xoves, día 13, logo do positivo por COVID-19 doutra das veciñas que acuden ao centro.

Hai que lembrar que logo de ter coñecemento do positivo deuse aviso, de inmediato, ao resto das usuarias e ao persoal do mesmo para que permanecesen illadas nas súas casas. Permanecerán nesta situación de illamento un período mínimo de 14 días. 

O Centro de Día das Neves permanece pechado.

Ler Máis
17 Ago
0

Ximnasia para maiores nas Neves

Ler Máis
16 Ago
0

Normas fronte á Covid-19 que entran en vigor este luns 17 de agosto

Ler Máis
14 Ago
0

O Concello cede ao SERGAS, de xeito inmediato, o espazo da antiga Escola Infantil para ampliar o Centro de Saúde

Tal e como anunciara hai varios meses o Goberno municipal, o Concello das Neves cederá o ámbito da antiga Escola Infantil ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para a ampliación do Centro de Saúde da vila que gañará, así, máis de 50 metros cadrados. 

Este mércores, o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, estivo nas Neves para coñecer as novas intalacións e ultimar o traspaso das mesmas. Acompañado polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas, a directora do Centro e persoal do mesmo, o xerente comprobou que o espazo que ocupaba a Escola Infantil está en perfecto estado e que, logo de pequenas modificacións, pode empregarse en só uns días.

No tempo no que se realizan eses cambios – que pasan pola retirada do mobiliario e enseres que quedaban por levar á nova Escola, pintura, limpeza e desinfección – o Concello e o Servizo Galego de Saúde asinarán o convenio de cesión, un trámite que, subliña Xosé Manuel Rodríguez, farase por un procedemento de “urxencia” e que estará rematado xa a vindeira semana.



O novo espazo, tal e como acordaron o alcalde e o xerente da Área Sanitaria, acollerá unha unidade de atención a persoas que poidan presentar síntomas de coronavirus que disporá de respiradores e estará separada do resto das dependencias.

A intención do Concello e do Sergas é que “o Centro de Saúde poida dispoñer deste espazo de xeito inmediato”, subliña o rexedor quen salienta e agradece a “colaboración e excelente coordinación entre o Concello das Neves, a dirección e persoal do Centro de Saúde e o Servizo Galego de Saúde durante a pandemia”.

Ler Máis
14 Ago
0

A desinfección segue polas parroquias das Neves

Como anunciara este xoves o Goberno municipal, a desinfección iniciada no casco urbán das Neves, nos lugares máis transitados polas veciñas e veciños, seguiu hoxe, venres, polas parroquias.

O obxectivo é, coma subliñou o alcalde, reducir a posibilidade de contaxio por Covid-19, logo de que Sanidade confirmase o positivo dunha veciña da vila, usuaria do Centro de Día.

Estes traballos de desinfección vanse repetir cantas veces sexan precisas para previr e contribuir a deter calquera posibilidade de novos casos da enfermidade.

De novo, dende o Concello sublíñase a importancia de todas e todos manteñamos as medidas de autoprotección fronte ao Covid-19, principalmente lavar as mans, usar máscara e respectar a distancia de seguridade.

 

Ler Máis
14 Ago
0

O Concello informa

Ler Máis
13 Ago
0

Sanidade confirma a existencia dun positivo por Covid-19 nas Neves

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vėn de confirmar ao alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Mendez,  o positivo por COVID-19 dunha usuaria do Centro de Día da vila.

Logo de ter coñecemento do mesmo deuse aviso, de inmediato, ao resto das usuarias do centro,  que neste momento, pola limitación de ‘aforo’ do centro, eran 8 (3 das Neves, 4 de Salvaterra e 1 de Arbo) e non as 21 habituais, e ao persoal do mesmo, 14 traballadoras, que xa están illadas nas súas casas. 

Todas elas someteránse ás probas PCR este venres, día 14, e as repetirán o día 21. O Centro de Día permanece pechado por un periodo inicial de 15 días.

Desinfección

O Goberno Municipal leva a cabo este mesmo xoves pola tarde unha desinfección dos principais centros de concurrencia de cidadáns no casco urbano.

Brigadas do Concello traballarán no Centro de Día (incluindo o propio edificio, accesos e arredores); contorna de comercios; farmacias; gasoliñeiras; antigo XES; a Casa do Concello e o Mercado Municipal, antes de feira deste venres.

Do mesmo xeito, dende o sábado, día 15, tamén se realizarán labores de desenfección en todas as parroquias.

Ler Máis
11 Ago
0

As Neves segue coa prevención de incendios

O Goberno municipal das Neves segue adiante coa posta en marcha do convenio asinado coa Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA) para a limpeza das franxas de protección nos núcleos das parroquias de Liñares, Tortoreos e As Neves.

Durante o final do mes de xullo o Concello enviou cartas informativas aos propietarios da parcelas afectadas e a pasada semana realizáronse reunións nas tres parroquias as que acudiron preto de 300 persoas.

Os propietarios das parcelas na franxa de 50 metros arredor das zonas edificadas ou edificables, teñen o deber de limpar as mesmas de maleza e de especies arbóreas prohibidas, como a acacia, o piñeiro e o eucalipto e, dacordo co convenio, SEAGA realizaría ese traballo de roce a un “prezo moi reducido”, sinala o segundo tenente de alcalde, Óscar González.

Para facelo posible, os propietarios interesados asinarían un contrato de 3 anos con SEAGA que, dende ese momento, faríase responsable do mantemento da parcela.

Algúns propietarios xa asinaron os contratos nas reunións mantidas os días pasados e aqueles que non o fixeron aínda, sinala Óscar González, “poden facelo en calquera momento co contrato que recibiron nas cartas e entregando o mesmo no Concello”.

Para resolver dúbidas particulares sobre temas como as parcelas afectadas, posibles erros de catastro ou calquera outra, estableceuse unha atención personalizada co persoal de SEAGA  a través de cita previa, que se pode solicitar chamando ao teléfono do Concello (986648038).

Tamén é posible consultar os mapas das parcelas afectadas na entrada do propio Concello ou premendo aquí :

Plano da zona das Neves Norte

Plano da zona das Neves Sur

Plano Xeral das Neves

*O número que aparece sobre cada parcela nos mapas norte e sur serve para poder identificar con Seaga a parcela no caso de que non se dispoña da referencia catastral.

Ler Máis
11 Ago
0

É importante manter as medidas de protección contra o coronavirus

Ler Máis