Blog

04 Mai
0

Persoas en situación de vulnerabilidade que viven nas Neves

Dende o Concello solicitamos a colaboración das veciñas e veciños para que nos trasladen información de casos de persoas que poidan atoparse en  situación de vulnerabilidade, sexa de saúde ou económica, e precisen axuda.

Ler Máis
04 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 4/05/2020

Sanidade informa de que As Neves segue cun so caso rexistrado de COVID-19.

Vimos de recibir novas doazóns de veciños e veciñas ao Banco de Alimentos.

Contamos coa colaboración co IES Pazo da Mercé e persoal de Correos na entrega de material ao alumnado do centro. O Concello facilitou as bolsas para o traslado.

Doazón dunha tablet, por parte dunha veciña, que se puxo a disposición do alumnado do IES a través da dirección do centro.

Tras novas incorporacións ao grupo de costura solidaria, agora o grupo está formado por 39 persoas. Grazas a  todas elas polo seu labor.

De novo, o Concello levou a cabo a reposición de mascarillas nos establecementos e ampliación a outros que voltaron abrir hoxe. Xa hai 27 puntos de recollida de mascarillas para a poboación das Neves.

Fíxose entrega de material de protección ás perruquerías do concello que van abrir e tamén a outros comercios que o solicitaron.

Así mesmo, ampliouse o servizo de Axuda no Fogar.

Ler Máis
03 Mai
0

Condicións da ‘Fase 0’ do ‘desconfinamento’ que empeza este luns, día 4 de maio

Este luns, día 4 de maio, empeza a chamada ‘Fase 0’ do ‘desconfinamento’. As condiciones da mesma están publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) deste domingo, que podes consultar premendo aquí.

Ler Máis
03 Mai
0

A presión dos concellos de Crecente, Salvaterra, Arbo e As Neves, logra que se reabra a pesca tradicional da lamprea no Miño

Este pasado sábado o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, mantivo unha reunión coa alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, e o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, para solicitar ao Goberno do Estado que, tal e como decidira o Consello de Ministros de Portugal, se reabrirse a tempada de pesca tradicional da lamprea.

Finalmente, este domingo, o comandante Naval do Miño, seguindo as instrucións da Delegacción do Goberno en Galicia, vén de comunicar que dende este luns, día 4 de maio á 01:00 h. está autorizada a pesca tradicional dende pesqueira,no Treito Internacional do Río Miño. 

Deste xeito, o Goberno do Estado atende a solicitude dos alcaldes e alcaldesa de Arbo, Crecente, Salvaterra e As Neves, e os seus argumentos a favor de permitir a pesca tradicional en tanto  que concorda coas normas en vigor en relación coa pandemia do Covid-19 que permiten, para autoconsumo, a cría e coidado de animais, ou traballo nas hortas.

Ler Máis
02 Mai
0

Salvaterra, Arbo, Crecente e As Neves piden ao Goberno que reabra a tempada de pesca tradicional da lamprea

Este sábado o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, mantivo unha xuntanza urxente coa alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, e o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, para tratar da decisión do Consello de Ministros de Portugal que autoriza a reapertura, dende o vindeiro luns, 4 de maio, da pesca tradicional nas pesqueiras na beira esquerda do río Miño.

Logo de coñecer esta decisión polos medios de comunicación, a alcaldesa e os alcaldes enviaron unha carta ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, na que solicitan que se permita a reapertura da tempada da pesca da lamprea nas ‘Pesqueiras’ do treito internacional do Miño, argumentando que é unha actividade tradicional orientada ao consumo propio.

Esta actividade é perfectamente compatíbel coas normas postas en marcha no eido da crise sanitaria do Covid-19: as mesmas permiten os desprazamentos persoais para a cría e coidado de animais, ou traballo nas hortas sempre que sexan para autoconsumo.

Tendo en conta este feito, a alcaldesa e os alcaldes piden ao Goberno do Estado que autorice aos pescadores a acudir ás ‘Pesqueiras’ e as estacadas, cumprindo sempre coas ordes e recomendacións ditadas polas autoridades sanitarias.

Ler Máis
02 Mai
0

O luns, día 4, empeza a ‘Fase 0’ do ‘desconfinamento’

Este luns, dacordo coas normas aprobadas polo Goberno do Estado, que podes consultar premendo aquí, empeza a chamada ‘Fase 0’ do ‘desconfinamento’.

Durante a mesma estarán permitidas estas actividades:

. Paseo de menores e de persoas adultas que convivan.

.Traballo na horta, que abrangue tamén as hortas urbanas.

.Uso xeneralizado de máscaras no exterior.

.Posta en marcha de horarios para evitar aglomeracións.

.Negocios con cita previa e con horario preferente para os maiores de 65 anos.

.Apertura de restaurantes e cafeterías só para servizo a domicilio.

.Apertura de Arquivos públicos.

.Adestramentos deportivos individuais.

.Uso do transporte público mantendo o 30% da súa capacidade.

Ler Máis
02 Mai
0

O Concello lembra as normas para saír a pasear e facer deporte

Nas Neves non temos franxas de idade para saír a pasear e parfa facer deporte, pero si temos que cumprir as demais normas. Pero lembra, ⤵️

Ler Máis
30 Abr
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 30/04/2020

Sanidade confirma que As Neves segue cun so caso rexistrado de COVID-19.

Continúan a recibirse doazóns no Banco de Alimentos.

Peticións de establecementos que van abrir proximamente, e queren colaborar co Concello no reparto de mascarillas á veciñanza.

Tamén aumenta o número de persoas voluntarias que forman parte do equipo de confección de mascarillas e batas solidarias.

O Concello mostra, unha vez máis, o seu agradecemento a todas e cada unha das persoas que están a colaborar nas iniciativas desenvolvidas durante o ‘Estado de Alarma’.

Ler Máis
29 Abr
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do 29/04/2020

Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 no concello, todas as probas realizadas hoxe no PAC de Ponteareas saíron negativas.

Fíxose hoxe unha nova entrega de alimentos.

Reposición de mascarillas infantís e de adultos nos establecementos do concello. Tamén se distribuíron carteis coa lista dos establecementos nas que se poden recoller. 

Recepción de material da Xunta: 4 batas desbotables, 5 monos, 1 garrafa de desinfectante, 3 botes de xel, 3 caixas de luvas, 4 pantallas e 250 mascarillas desbotables.


Comunicóuselle ás direccións do IES Pazo da Mercé e da Galiña Azul a lista dos lugares onde se poden recoller mascarillas infantís, para os nenos e nenas que aínda non teñen

Ler Máis
29 Abr
0

Información de como afecta á limpeza de terreos agrícolas e forestai

Hoxe (29/04/2020), foi publicado no DOG  a resolución que afecta á limpeza de terreos agrícolas e forestais como medida preventiva fronte aos indencios:

Continúa vixente a obriga de execución da xestión da biomasa prevista no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Isto implica a limpeza de terreos forestais e agrícolas (todo o solo considerado rústico) que se atopen dentro das franxas de protección antiincendios. 

Os criterios que delimitan as franxas de protección pódense consultar no capítulo terceiro da Instrución 1/2018, do 26 de abrilhttps://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180507/AnuncioG0426-300418-0001_gl.pdf ) .

O prazo para a realización das actividades, que remataba o 31 de maio, con motivo do estado de Alarma, estenderase ata o 16 de xullo de 2020 inclusive. 

As persoas que se despracen para a realización de actividades de xestión da biomasa deberán levar consigo unha declaración responsable que comprenda as leiras en que van levar a cabo as ditas actividades, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral; ademais, deberán levar consigo os apeiros, utensilios ou ferramentas necesarios para desenvolver as actividades de xestión da biomasa ou, de non levalos consigo, incluír na declaración responsable que os teñen depositados na parcela ou lugar determinado.

A fin de reducir ao imprescindible a mobilidade das persoas, recoméndase, nos casos en que así estea previsto no Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias; o seu desenvolvemento a través da empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).      

Enlace para ver o texto completo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200429/AnuncioG0426-280420-0001_gl.pdf

Podes descargar aquí, a Declaración responsable de xestión da biomasa á que se alude no texto Declaración responsable biomasa.

Ler Máis