Blog

Hai uns meses, alumnos e alumnas de Educación Primaria participaron na elaboración destas ‘bombas’, unha técnica de reforestación orixinaria do Xapón (Nendo Dango en xaponés), que consiste en recubrir a semente que se quere prantar con arxila, para protexela da fauna silvestre e crear un ambiente propicio par a súa xerminación.
Os nenos e nenas participantes elaboraron as súas propias bombas de sementes de carballo e centeo, co obxectivo de lanzalas nos arredores do colexio, para reforestar este espazo, que tamén se vira afectado pola vaga de lumes. Deste xeito, as nenas e nenos traballaron e coñeceron os conceptos de repobación forestal ou os ciclos da natureza.
O monte nace na escola
Esta iniciativa forma parte do programa ‘O monte nace na escola’, posto en marcha polo Concello en outubro de 2018-xusto un ano despois dos incendios que que arrasaron o 90% da superficie forestal de As Neves-máis de 4.000 hectáreas-.
O mesmo está pensado para modular unha conciencia ambiental , crear xente formada esixente que demande e logre que que nuestra naturaleza se transforme e que As Neves sexa un concello recuperado.
Para iso, ademáis de centros escolares, coas súas alumnas e alumnos e profesoras e profesores á cabeza, o Goberno local conqueriu que se sumasen ao mesmo empresas privadas, entidades e asociacións veciñais, comunidades de montes, administracións públicas, coma a Deputación de Pontevedra e puxo en marcha proxectos coma a plantación de 10.000 árbores autóctonas nas parroquias de As Neves, preparación de terreos e hortas, creación de sementeiros ou un pulo importante da compostaxe á que se sumaron centos de veciñas e veciños.

O xoves 9 de xaneiro adica un anaco do teu tempo a doar sangue.
Fronte ao Centro de Saúde, a beira da gasolinera.

Despois do acendido do alumeado de Nadal, o pasado sábado 30 de novembro; o Concello das Neves publica unha longa e variada programación de lecer que comeza o martes 10 de decembro e remata o martes 7 de xaneiro.
O martes 10 de decembro ás 12:30 h no Auditorio Municipal, haberá unha sesión de Contacontos da man de Raquel Queizás, Un caso Azul Para os nenos e nenas de primaria do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé. Un espectáculo de contos creado por Raquel Queizás en colaboración coa Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia (Anedia), co obxectivo de integrar a diabetes nas escolas.
O domingo 15 de decembro, nova sesión de Outono de Teatro: Fillos do Sol. Con César Cambeiro como actor principal e dirixida por Cándido Pazó. Contraproducións.
“Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.”
Ás 18:30 h no Auditorio Municipal. Entrada de balde.
Venres 20 de decembro, proxección do documental Aillados, de Antonio Caeiro.
O documental conta a historia do campo de concentración da Illa de San Simón durante os anos da Guerra Civil española, contada polos seus protagonistas.
Asistirá o director, que ofrecerá unha charla-coloquio ao remate da proxección.
Dirixido ao alumnado do IES Pazo da Mercé. Ás 12:10 h no Auditorio Municipal.
O domingo 22 de decembro a Banda de Música Popular de Rubiós ofrecerá o seu concerto de Nadal. Será ás 19:30 h no Auditorio Municipal. Haberá chocolate quente de balde ao remate.
O luns 23 de decembro inicia o Campamento de Nadal organizado pola ANPA Eira da Liñaza. Dirixido aos nenos e nenas de 3 a 13 anos, consta de multitude de actividades, na súa maioría con temática de Nadal. O campamento dura ata o martes día 7 de xaneiro e ten un custo total de 49€ (39 € para familias socias da ANPA). Horario de 9:00 a 14:00 h con flexibilidade na entrada e na saída. Límite de 30 prazas por orde de inscrición, que se pode realizar a través de anpasneves@gmail.com
Martes 24 de decembro celebrarase a 7ª Carreira Popular Solidaria do Pavo.
Organizada pola ACD Sanomedio, para participar é preciso aportar 1 Kg de alimentos non perecedoiros. Avituallamento gratuíto e servizo de duchas. Premios para as persoas gañadoras.
Recollida de dorsais na Praza Maior de 15:00 a 16:00 h. Toda a información e inscrición gratuíta en https://www.facebook.com/acdsanomedio.asneves/
O xoves 26 de decembro O Apalpador visita As Neves. Ás 12:00 h na Praza do Concello (No Mercado Municipal en caso de choiva). Actividade pensada para as crianzas.
Figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos e nenas, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano. Déixalles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e deséxalles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.
O venres 27 e o sábado 28 terá lugar na Casa da Xuventude un novo Mercadiño da Man que ti Queiras, edición de Nadal. De 11:00 a 21:00 h.
Un dos principais obxectivos do mercadiño é o fomento do consumo sostíbel, e a economía circular; e consta de diversas actividades así como palestras, proxeccións, Jam session, exposicións…
O que une o espazo é unha sala con diversos xogos (futbolín, billar, xogos de mesa), e un mercadiño no que calquera persoa pode participar enviando un correo electrónico a damanquetiqueiras@gmail.com e aportando as súas prendas, mobles, libros, discos, etc. (en boas condicións).
A participación nas exposicións é aberta, sendo preciso enviar un correo electrónico con fotografías das obras, medidas e material.
Tamén existe a opción de participar cun posto artesanal escribindo previamente.
O domingo 29 de decembro temos dúas actividades:
Andaina ambiental. Especies autóctonas e alóctonas.
Con saída ás 10:00 h dende a Praza do Concello. Percorrido circular duns 8 km aproximadamente, visitando varias parroquias do municipio pasando polo Camiño dos Pescadores. Duración aproximada de 3 horas.
É preciso inscribirse enviando un correo electrónico a turismo@asneves.gal cos datos persoais (nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto).
Pechamos o ciclo de Outono de Teatro coa obra adiada do día 1. Ás 18:30 h no Auditorio Municipal. A obra titulada A compañeira de piso, será interpretada por Patricia Vázquez e Rebeca Montero.
“Combinando sutileza e comicidade a partes iguais, A compañeira de piso trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido.”
O sábado 4 de xaneiro a Coral Polifónica Santa María das Neves ofrecerá o concerto de Ano Novo acompañada pola Coral de Barro.
Ás 18:30 h no Auditorio Municipal. Haberá chocolate quente de balde ao remate.
O domingo 5 de xaneiro haberá a Cabalgata de Reis.
O desfile sairá ás 17:30 h da rotonda do antigo Montesol e percorrerá o centro urbano para rematar no Pavillón Municipal. Alí farase a tradicional entrega de agasallos e haberá inchables e xogos para a cativada.
Búscanse persoas para participar no desfile acompañando os Reis Magos, para facelo só é preciso enviar un correo electrónico a cultura@asneves.gal

Fotografías da xornada de plantación:
Video da plantación:
CONVOCATORIA;
O Concello das Neves, coa colaboración da empresa ONE OAK,as Comunidades de Montes e “voluntariadoasneves”, vai levar a cabo unha xornada de plantación o vindeiro domingo, 17 de novembro, a partires das 10:00 h.
O obxectivo para este día é plantar 1.500 árbores, entre Freixos e Vidueiros, no entorno do Sendeiro dos Pescadores.
Con estas 1.500, serán un total de 10.000 árbores autóctonas, as que teremos plantado nas Neves no último ano, doadas por esta empresa, a través do seu proxecto RENACER.
Precisamos da túa axuda unha vez máis, si queres colaborar, anótate no formulario!!!
https://forms.gle/VwTDDbTV9Z1dkLcA6
A ONE OAK, e a todos os que o estades facendo posible. GRAZAS!!

AS LENDAS E COSTUMES, A TRADICIÓN, O PATRIMONIO, A GASTRONOIMÍA, ENOLOGÍA E CULTURA, DE AS NEVES, PRESENTES EN ‘CULTURGAL 2019’
Un ano máis o Concello de As Neves terá presenza na Feira da actividade cultural en Galicia, ‘Culturgal’, que se celebra en Pontevedra dende este venres, día 29 de novembro ate o vindeiro domingo, día 1 de decembro.
O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, representarán á vila que, nesta ocasión presentarán, este sábado, día 30 ás 12:30 h.as lendas, costumes e patrimonio que teñen formado e siguen a construir a historia do concello.
Tradicións
Entre elas terán especial relevancia as tradicións ancestrais, coma a a ‘Romaría de Santa Marta de Ribarteme’, que se celebra o 29 de xullo e que é globalmente coñecida pola súa procesión de cadaleitos, un rito asociado á ponte da Senra, lugar máxico no que se realizan bautizos prenatais.
Arte, música, cine
As Neves tamén fará gala da súa arte, convidando aos asistentes a coñecer o conxunto de esculturas de Redondelo; a música, que ten o seu punto central na Banda de Música Popular de Rubiós, que supera os 135 anos de historia ou a súa produción audiovisual, moi presenta en As Neves, dende o inicio do século XX, con figuras coma José Gil, pioneiro do cinema galego, ate hoxe.
Asociacións e propostas culturais
O Concello tamén presentará as diversas actividades promovidas e impulsadas por un importante número de asociacións culturais presentes nas 13 parroauias nevenses, e as que organiza a propia Concellería de Cultura e que abrangue propostas tan distintas coma o ‘Día de Rosalía’, o Outono de Teatro, Cinema de Inverno e a Primavera Musical.
Feiras
Por suposto, as feiras terán unha grande relevancia, en especial a Feira do Requeixo, que se abre ao público cada venres de Semana Santa, ou a Festa do Tinto das Rías Baixas, que, dende este 2019, se celebra cada 12 de outubro.
Durante estes días, As Neves difundirá en Culturgal a súa cultura, natureza, gastronomía, paisaxe, enología, e a incesante actividade culturasl que se espalla por todo a seu territorio e por todas as épocas do ano coa finalidade de aligran, animar, dinamizar e, encamiña toda a creatividade das súas veciñas e veciños.

As Neves contará este ano co alumeado de Nadal máis extenso da súa historia. O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acenderá as luces este sábado, día 30 de novembro ás 19:00 h., na Praza do Concello, dando comezo deste xeito aos días de lecer que contarán cunha programación que chegará ato o vindeiro 5 de xaneiro de 2020.
O concello alumarase con 5 árbores de Nadal que estarán nas rotondas do Conde, do IES Pazo da Mercé, do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, na Praza Maior e no aprcadoiro da rúa Esperanza. Ademáis, o alumeado contará con
estrelas de cor branca, decoración nas árbores e edificios públicos e haberá luces en todas as rúas do centro da vila, dende a rúa Cruceiro,
pasando por Entrecines, rúa da Feira, Praza do Cruceiro, rúa Marquesa do Pazo, Praza de San Ignacio, Praza Maior, Praza do Concello, rúa José Gil, rúa Doutor Martínez Rodríguez, e rúa Esperanza, incorpórandose este ano a cor lila na contorna do Concello, “amosando unha clara e firme postura en favor da igualdade”.
Ao igual que se vén facendo dende 2015, tamén se colocaron decoracións luminosas por todas as parroquias, estendendo o alumeado a todo o territorio, aínda que cunha novidade: o motivo escollido para esta decoración son estrelas brancas, igual que no centro urbano.
Acendido
O acto formará parte, dacordo coa Asociación de Comerciantes e Empresarios das Neves (ACEAN), organizadora deste evento, dunha tarde de lecer que comezará ás 16:00 h con actividades para as nenas e nenos: música, a visita de Papá Noel con caramelos e agasallos, pintacaras e canóns de neve.
O momento ‘clave’ chegará ás 19:00 h. co acendido das luces por parte do alcalde que transmitirá os seus bos desexos para este Nadal e para o vindeiro ano 2020, marcando o inicio das festas nas que, “por medio da colaboración entre o Concello e a Asociación de Comerciantes faise unha aposta decidida pola mellora e dinamización do comercio de As Neves”.
Autobuses a todas as parroquias para facilitar a asistencia.
Coa finalidade de que todas aquelas veciñas e veciños de As Neves que o desexen poidan gozar do acendido das luces, haberá dous autobuses que percorrerán todas as parroquias a partir das 16:00 h. e que farán o
percorrido de volta ás 21:00h.
Os buses farán os seguintes percorridos:
Cerdeira-San Xosé-Santiago de Ribarteme-As Neves;
San Cibrán-Vide-Setados-As Neves;
Santa Eulalia-San Pedro-Taboexa Rubiós-As
Neves;
Liñares-Tortoreos-As Neves.