Blog

27 Nov
0

Outono de Teatro

Comezado o curso escolar, comezan tamén os ciclos culturais no Concello das Neves. É hora do estación cultural Outono de teatro que se desenvolverá nos vindeiros meses con 4 interpretacións.

O domingo 22 de setembro as 18:30, A Toupiña quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Unha obra infantil.

O domingo 10 de novembro as 18:30, O furancho, con Isabel Risco.

O domingo 1 de decembro as 18:30, A compañeira de piso con Patricia Vázquez.

O domingo 15 de decembro as 18:30, Fillos do Sol con Cesar Cambeiro.

Estas representacións serán no auditorio municipal sendo a entrada de balde.

***Un cambio na previsión inicial fai que o 1 de decembro se represente A Compañeira de Piso e o 15 de decembro Fillos do Mar

Ler Máis
26 Nov
0

Ranking Territorial Sub13 e Sub17 de Badmitón

O vindeiro domingo 1 de decembro celébrase no pavillón municipal o Raking Territorial Sub13 e Sub17 de Badmintón.

A xornada deportiva organizada polo Clube Badmintón As Neves comezará arredor das 9:30 e alongarase ata as 21:00 horas da noite.

Ler Máis
26 Nov
0

II Andaina dos Cogumelos

O vindeiro fin de semana a Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio organiza a II Andaina dos Cogumelos.

O sábado 30 as 19:30 horas no Centro Social Juan Carlos Gil impartirá unha charla para a introducción e o coñecemento do mundo dos cogumelos.

O domingo día 1 a partir das 9:30 será a II Andaina dos Cogumelos que terá saída dende o campo de fútbol de Cerdeira e se desenrolará pola parroquia.

Ler Máis
23 Nov
0

Contra a violencia de xénero, a violencia machista

Unha das actividades do 25 novembro será un encontro de fútbol sala as 21:30 horas no pavillón municipal.

 

Ler Máis
23 Nov
0

Celebración de Santa Ícia en Rubiós

O domingo 24 de novembro a Banda de Música Popular de Rubiós celebra o día da Patroa dos Músicos con actividades durante a mañá en Rubiós e cun xantar ao remate.

Entre as actividades haberá un concerto, unha ofrenda floral e o citado xantar.

Ler Máis
22 Nov
0

II Campionato Galego de Trial Concello das Neves

O domingo 24 de novembro terá lugar o II Campionato Galego de Trial Concello das Neves, organiza polo Motoclube Aldán,  que se desenrolará nos montes do Coto do Facho moi próximos ao centro urbano e na propia Praza Maior.

As probas comezarán arredor das 10 da mañá e ata mediodía. Haberá ata 5 categorías e a entrega de premios será arredor das 14 horas.

Ler Máis
21 Nov
0

Presentación dos libros de Loli Beloso sobre Isaac Díaz Pardo

O sábado 23 de novembro o Concello das Neves colabora na presentación dos libros de Loli Beloso de Isaac Díaz Pardo que se celebrará na Biblioteca Municipal as 19:30 horas.

A recadación das obras destinarase integramente a investigación contra o cancro a través da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica liderada polo Doutro Angel Carracedo.

Ler Máis
15 Nov
0

I Xornadas Informativas “Discapacidade e dano cerebral adquirido”

O vindeiro martes 19 de novembro celebraranse as  I Xornadas Informativas “Discapacidade e dano cerebral adquirido” coa colaboración de Afaga, Adapta e Cogami.

Estas son unhas xornadas abertas que se celebrarán no Centro Social das Neves dende as 16 hs e que sirvirán para xerar coñecemento sobre aspectos sociais como o dano cerebral adquirido e outras discapacidades, así como as posibilidades e recursos a disposición na comarca do Condado.

XORNADAS INFORMATIVAS Cartaz

Ler Máis
29 Out
0

Axudas para a rehabilitación de infravivendas 2019

O Concello de As Neves recibíu por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), resolución da concesión de subvencións para axudar á reparación de catro infravivendas ubicadas nas distintas parroquias do noso Concello.

As vivendas solicitadas, previa valoración do persoal técnico municipal, reuníron a calificación de infravivenda por non reunir as mínimas condicións de habitabilidade, figurando como actuacións subvencionables a afectación dos elementos exteriores, estructura e de seguridade, habitabilidade e/ou accesibilidade.

Ao abeiro das bases do Programa de Infravivenda, as subvencións concedidas cubren o 95% do orzamento protexido das obras solicitadas, cun máximo de 15.000€ por vivenda.

O Concello das Neves colabora aportando o 5% do orzamento restante, para axudar a que familias con escasos recursos económicos, poidan acometer a totalidade das obras.

  • Importe total da subvención: 28.578,77 € (95% do orzamento con tope 15.000€ por vivenda)
  • Parte que asume o concello: 2.666,77 € (o 5% restantate)
  • CUSTE TOTAL DAS OBRAS: 31.245,54 €

Prazo de finalización das obras: 30 de novembro 2019

PLAN REHAVITA, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellora do acceso á vivenda

A convocatoria 2019 de Subvencions do Programa de Infravivenda do Plan Rehavita, está dirixida aos Concellos de menos de 10.000 habitantes para axudar, con carácter urxente, a aquelas unidades de convivencia que residan, en condicións de propietarias, nunha vivenda que se atope en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos económicos para acometer as obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.

Documento informativo infravivenda

Ler Máis
29 Out
0

Nova actualización do Parque Móbil do Concello

O Concello das Neves continúa coa mellora e renovación da flota de vehículos para dar mellor servizo e aumentar a seguridade e calidade do traballo e das condicións de traballo.

Neste caso grazas a subveción do Fondo de Compensación Ambiental adquiriuse un furgón e remolque con basculante que sustituirán ao furgón máis antigo.

Ler Máis