Blog

11 Set
0

Aula matinal no Colexio das Neves

Co inicio do novo curso establécese un novo servizo asociado ao ensino, a etapa escolar.

Este servizo de aula matinal ou plan madruga vai axudar a conciliar a vida escolar e laboral podendo deixar as crianzas no colexio dende as 7:30 da mañá ata a hora de comezo do horario escolar.

Para máis información e prezos consultade nas oficinas do centro escolar.

Ler Máis
11 Set
0

Servizo de Atención Temperá (SAT)

O Concello de Salceda de Caselas e o Concello das Neves desenvolven un novo servizo en conxunto. Este é o servizo de Atención Temperá destinado as crianzas de 0 a 6 anos e as súas familias.

Trátase dun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu entorno. Ten por obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos do desenrolo ou en risco de padecelos.

+ información en:

Ler Máis
10 Set
0

Ximnasia para maiores

A Concellería de Benestar Social informa que se vai por en marcha a actividade “exercicios saudables para persoas maiores”

BENEFICIARIAS/OS: persoas empadroadas maiores de 65 anos

LUGAR: sala do Centro Social

HORARIO: os martes e venres de 19:30 a 20:30hs

A PARTIR DE OUTUBRO

**Anotarse na 1ª planta do Centro Social, no 986 667 134 ou en auxiliarssss@asneves.gal

Ler Máis
10 Set
0

Escola de Fútbol

Logo de comezo oficial da tempada ligueira de fútbol de veteranos e afeccionados, en breve tócalle aos máis peques.

Entrenamentos os luns e os venres de 18 a 20 horas no campo de fútbol municipal Pepe Capón.

#AsNevesédeporte

Es

Ler Máis
06 Set
0

XIV Festa do Tinto Rías Baixas

Anunciamos a data da XIV Festa do Tinto Rías Baixas. Como novidade, a partir desta edición, a Festa vai estar máis ligada á nosa gastronomía e o día central pasará a celebrarse en outono, concretamente o 12 de outubro. Manteranse actividades ao longo do ano dando aos nosos viños o valor e o protagonismo que merecen e facendo deles e, da nosa gastronomía, un eixo clave para a nosa economía.

#XIVFestadoTintoRíasBaixas

Ler Máis
31 Ago
0

Axudas á Mocidade para a adquisición de vivendas

O Concello das Neves publica información de interese sobre as:

AXUDAS Á MOCIDADE PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS. 

Programa de axudas para adquisición de vivendas para menores de 35 anos residentes en Concellos de menos de 5.000 habitantes. Toda a información en:  http://igvs.es/web/actuamos/917

Ler Máis
29 Ago
0

V Xornada de Cultura Urbana nas Neves.

 

Con Obradoiros de Danzas de rúa, Personalización de camisetas e Parkour.

O sábado 7 de setembro a partir das 16:30 h na Casa da Xuventude.

#AsNeveséMocidade

 

Ler Máis
29 Ago
0

Actividades de fin de semana

Deporte e Cultura nesta fin de semana

 

 

Ler Máis
29 Ago
0

Axudas concedidas polo Plan Concellos 2019 – Liña 2: actividades

A Deputación de Pontevedra mediante o Plan Concellos de 2019 concedeu subvencións ao Concello das Neves para a realización das seguintes actividades:

ACTIVIDADE

SUBVENCIÓN CONCEDIDA

AS NEVES EN IMAXES

6.634,30 €

FESTA DO TINTO RÍAS BAIXAS, 2019

15.000,00 €

FEIRA DO REQUEIXO E DO MEL DAS NEVES, 2019

25.000,00 €

XOGAR NA RÚA

2.755,81 €

Ler Máis
22 Ago
0

Aprobación inicial da Ordenanza Municipal Reguladora de Prevención de Incendios

Publicación no Boletín Oficial da Provincial:

Enlace a Sede Electrónica do Concello:

https://concelloasneves.sedelectronica.gal/info.0

 

APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA PREVENCIÓN

Ler Máis