Blog

13 Mai
0

O Concello das Neves rematou, con cargo a fondos dunha achega recibida da Deputación, a reposición da sinalización de diferentes localizacións da vila

A área panorámica do monte de San Nomedio, e as entradas nas Neves que veñen de Arbo, Salvaterra, Ponteareas e Vilasobroso contan con novos sinais.

Do mesmo xeito, e de cara a impulsar o ámbito turístico, hai xa sinalización do Sendeiro dos Frades e o Camiño dos Pescadores e, en relación con este último, está en marcha o proxecto para a indicación da ‘Ruta Circular’ do camiño nas parroquias e dentro das Neves.

Nova web

No que atangue á promoción turística das Neves, o Concello conta cun vínculo específico de Turismo na nova web municipal no que as persoas interesadas poden atopar a información que precisen. A mesma fai referencia a propostas culturais, a enclaves paisaxísticos, rutas de sendeirismo, etnografía, gastronomía, medio natural ou historia e arqueoloxía, eido no que se acometerá unha acción especial para difundir os Petroglifos de A Coutada, en Taboexa, o principal descubrimento da arte rupestre galega dos últimos 20 anos.

Nas vindeiras datas o Concello dará a coñecer nas redes sociais municipais un vídeo promocional de As Neves que amosará os principais atractivos e reclamos da vila.

Sinalización de todo o concello

Esta iniciativa complementa a de finalización da sinalización informativa nos barrios e parroquias. En total colocáronse 285 sinais que hoxe, logo dun traballo de dous anos, toda As Neves estea sinalizada.

Este foi un dos proxectos nos que o Goberno local puxo maior interese que ademáis era unha das principais demandas das veciñas e veciños, tal e coma deixaron claro nas xuntanzas do ‘Concello Escoita’.

 

Ler Máis
03 Mai
0

As Neves obtén unha axuda de máis de 500.000€ de fondos europeos para cambiar o alumeado en case todo o concello

O Goberno local das neves vén de obter unha axuda de fondos europeos de 500.000€ que permitirá renovar máis do 70% do alumeado de todo o Concello.

Culmina, deste xeito un traballo de máis de dous anos que permitirá, por medio do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), “dispor dos orzamentos necesarios para substituír as vellas lámpadas obsoletas e contaminantes do 80 w por leds de alta tecnoloxía”, sinala o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Aforro e redución da contaminación

Rodríguez subliña que esta medida permitirá un aforro ao Concello de máis do 70% no recibo do alumeado e reducir a contaminación evitando a emisión de CO2 á atmosfera.

Ao mesmo tempo que se substitúen as luminarias implantaranse sistemas intelixentes de tele-xestión enerxética nos ‘cadros da luz’. Isto fará que sexa posible monitorizar o alumeado en tempo real e xestionar punto por punto, o cal permitirá regular a intensidade lumínica e programar o acendido e apagado en función das necesidades e das horas nas que haxa luz natural.

Inicio da licitación

Logo de ter comunicación da concesión da axuda, o Goberno local empeza coa licitación para o cambio do alumeado, un proceso que estará rematado nunhas semanas. A seguir, empezarán os traballos de substitución das vellas lámpadas, un proceso que se vai facer de xeito progresivo en toda a superficie das Neves e que estará rematado nun prazo de dous anos e medio, logo do cal “todo o alumeado público do concello será de tecnoloxía led”.

Ler Máis
30 Abr
0

Programa de préstamos para a rehabilitación

O Concello das Neves informa do programa de préstamos para a rehabilitación incluído no Plan RehaVlta 2015-2020 da Xunta de Galicia.

Información completa triptico

Ler Máis
30 Abr
0

Proceso de selección de persoal. As Neves preve contratar temporalmente alomenos 29 persoas durante 2019

RESULTADOS DA SELECCIÓN (fontaneiros/as e varredores/as)

Resultado da selección dos fontaneiros/as

Resultado da selección de varredores/as

PUBLICACIÓN DAS DATAS DAS ENTREVISTAS(varredores/as e fontaneiros/as)

Publicación de data e hora das entrevistas

Cambio data presentación de instancias fontaneiros/as e varredores/as

 

RESULTADOS DA SELECCIÓN (ordenanza, condutor/a, peóns obras e forestais)

Resultado da selección de ordenanza-bedel

Resultado da selección de condutor/a

Resultado da selección de peóns de obras públicas

Resultado da selección de peóns forestais

 

PUBLICACIÓN DAS DATAS DAS ENTREVISTAS(ordenanza, condutor/a, peóns obras e forestais)

Publicación de data e hora de entrevistas de selección postos convocados Plan Concellos

 

BASES PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL MEDIANTE A SUBVENCIÓN DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

Convocatoria e bases para a selección de persoal a contratar grazas ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

 

O Concello das Neves publica a previsión de contratación temporal durante o ano 2019.

Tentamos que ese emprego sexa cada vez de maior calidade, coa mellora nas condicións laborais e o tempo de contratación máis amplo posible.
 
#AsNeveséemprego

Ler Máis
29 Abr
0

Campaña de doazón nas Neves

Campaña de doazón nas Neves mañá martes de 16 a 21hs

 

Ler Máis
26 Abr
0

Proceso de selección dun/ha condutor/a tractorista

O Concello das Neves pon en marcha o proceso de selección dun posto temporal dun/ha condutor/a tractorista.

A seguir relaciónanse as bases e outros documentos:

BASES condutor/a tractorista

ANEXO I

ANEXO II

 

Anuncio en periódico

Listado de candidatos admitidos e data da proba

Resultado da Selección para o posto de Condutor-Tractorista

Ler Máis
26 Abr
0

O Concello das Neves concluirá nuns días varias das obras que se impulsaran para recuperar inmobles e outras infraestruturas educativas.

Ao mesmo tempo, avanzan, algún xa cun proxecto rematado e financiación, os plans para dispor de novas dotacións.

Escola Unitaria de Rubiós

Remataron as obras na Escola Unitaria de Rubiós que teñen coma obxectivo a mellora deste inmoble para o seu uso como Escola Infantil e tamén por parte da veciñanza da parroquia.

Os traballos acometeron os problemas de humidade do edificio, ademais de colocar illamento térmicos nas aulas, un novo lavabo e o cambio do chan.

As obras abrangueron a colocación de fiestra dobres, conservando as xanelas de madeira e colocando unhas novas metálicas corredoiras. Así mesmo, colocase un novo illamento e falso teito na aula principal.

Ao mesmo tempo levouse a cabo a colocación do alumeado de emerxencia, a colocación de novos radiadores e de novas pantallas LE.

Escola de Taboexa

Na Escola de Taboexa, os traballos afectaron ao acceso e a entrada e dos baños.

Tamén os traballos consistiron en melloras no patio e a situación dun novo valado de madeira para protección e delimitación da zona de xogos infantís.

Licitación da Escola Infantil

O pasado mes de febreiro, o Goberno local das Neves acadou a aprobación por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da licitación da Escola Infantil.

Esta decisión da cumprimento ao convenio asinado, a principios de 2018, entre o Concello e o Consorcio mediante o cal o Concello das Neves tiña que realizar e pagar o proxecto da escola infantil, como así se fixo; poñer a dispor da administración galega un inmoble municipal, que será a antiga casa do conserxe do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, e achegar unha partida de 75.000€, que representan o 25% do custo total das obras que será de 300.000€.

Colexio das Neves

Do mesmo xeito, e logo dun acordo ao que chegou o Goberno local co delegado da Consellería de Educación do Goberno de Galicia, vaise acometer a substitución das fiestras do Colexio das Neves.

As mesmas non se cambiaran dende a inauguración do centro, hai varias décadas, e a posibilidade de contar, agora, cunha dotación económica necesaria fará que por fin se acometa unha demanda longamente agardada e necesaria.

Tamén no colexio, está en marcha a reposición na súa totalidade do chan dos campos de deporte que están nun estado moi deteriorado. Para garantir a práctica do deporte e a seguridade das e dos estudantes, vaise a cambiar o pavimento colocando un totalmente novo.

Ler Máis
16 Abr
0

A Feira do Requeixo das Neves abrangue este ano un grande número de propostas e dous días de Feira

A Feira do Requeixo e Mel deste 2019, a número 28, que se celebra nas Neves, abrangue este ano un gran número de actividades que irán sucedéndose durante varias semanas ate chegar aos días ‘centrais’ desta celebración, que este ano serán dous: o 19 e 20 de abril.

O programa ten propostas para o tempo de lecer, para maiores e cativos, para os amantes das tradicións, para aqueles e aquelas que queiran amosar as súa pericia culinaria ou para os e as que prefiran gozar, sen máis, da gastronomía.

Tamén haberá tempo para a música, novas experiencias relacionadas coa elaboración do requeixo e a obtención do mel, para relacionarse coa natureza, para coñecer a cultura e as tradicións dass Neves e para os e as amantes do deporte.

Precisamente estes últimos teñen este domingo, día 24 de marzo, as súas primeiras citas nas Neves, que inicia as actividades relacionadas coa Feira do Requeixo e Mel. Tratase da a VIII ruta BTT “Los 66 del Requesón”, na que os participantes percorrerán 33 quilómetros polos montes da vila, e unha Ruta de Sendeirismo de 8 quilómetros pensada para todas as idades, na que os camiñantes poderán admirar a beleza da parroquia de Cerdeira.

II Concurso
“Receitas con Requeixo das Neves”

Bases do Concurso de Receitas

Ler Máis
16 Abr
0

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2019

Obxecto

Permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas con discapacidade é compatible coa solicitude de prazas de inclusión no programa Campaña de verán 2019 da D.X. de Xuventude e Voluntariado

cartel info- resumen campamentos pcd xunta 2019-1

Convocatoria_campamentos_facil lectura

Ler Máis
16 Abr
0

O alcalde das Neves explica na Unión Europea as consecuencias dos incendios de 2017 e a urxencia dunha política de prevención

O alcalde das Neves explica na Unión Europea as consecuencias dos incendios de 2017 e a urxencia dunha política de prevención

O alcalde das Neves, Xosé M. Rodríguez Méndez, mantivo, como membro dunha delegación galega, encabezada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, un encontro con Andrew Bianco, Xefe de Gabinete do Comisario de Medio Ambiente, e Yvon Slingenberg, Directora de Coordinación Política da Dirección Xeral de Cambio Climático, así como con funcionarios das Dirección Xerais de Medio Ambiente, co obxectivo de abordar os problemas do modelo forestal galego, e “en concreto da eucaliptización e o seu impacto nos incendios”.

Primeira vez que un alcalde de As Neves acude á UE

Rodríguez, primeiro alcalde das Neves que é recibido oficialmente na Unión Europea,  valorou positivamente o encontro na Comisión. “Trátase dun feito salientable, non porque te reciban senón porque hai unha escoita activa e hai gañas de que ocorran cousas arredor dun diagnóstico como o que plantexamos”, comentou, ao tempo que incidiu na necesidade de “volcar completamente a política forestal, facendo que sexa un espazo útil, cunha mirada sensible e construtiva hacia o territorio”.

Na xuntanza, Xosé Manuel Rodríguez explicou as consecuencias vividas no Concello das Neves tras os incendios de 2017, que provocaron a falta de auga durante máis de dous meses en boa parte da localidade, así como a acumulación de cinzas. Criticou, asemade, a actitude da Xunta de Galicia, centrada na culpabilización dos supostos incendiarios e na súa política focalizada na extinción en lugar da prevención.

Ler Máis