Blog

20 Xuñ
0

Piscinas municipais 2018

As Piscinas Municipais das Neves comezan unha nova tempada, este ano ampliamos a tempada que se inicia o sábado 23 de xuño.

Ler Máis
19 Xuñ
0

Ordenanza de impulso do Galego

O Concello das Neves ven aprobar definitivamente a ordenanza de impluso da lingua Galega.

Podes consultar a ordenanza no enlace a seguir:

Anuncio definitivo de aprobación de ordenanza de impulso do galego

Ler Máis
19 Xuñ
0

Selección de Persoal. Socorristas

Oferta de selección de 2 prazas de persoal laboral temporal para o posto de Socorrista, do servizo de atención ás piscinas municipais.

Bases selección socorristas

Anexos

Resultado selección socorristas

Ler Máis
18 Xuñ
0

I Forum transfronteirizo

Toda a información en http://smartminho.eu/

Ler Máis
13 Xuñ
0

Selección de 3 condutores/as de motobomba de extinción de incendios

Lánzase o proceso selectivo

BASES DA CONVOCATORIA CONDUTORES PARA VEHICULO MOTOBOMBA PARA A EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Resultado Conductores_as Vehículo Motobomba

Ler Máis
13 Xuñ
0

Reinícianse os traballos arqueolóxicos en Porto Maior, o lugar de ocupación humana máis antigo de Galicia

Dende o día 11 ate 30 de xuño reinícianse os traballos de escavación arqueolóxica no xacemento de Porto Maior (As Neves, Pontevedra). Estas escavacións enmárcase dentro do proxecto internacional Minho/Miño: Os primeiros poboadores do río Miño, onde colaboran investigadores de diferentes centros nacionais e internacionais, como as universidades de Lisboa, Porto, Minho e Adelaide (Australia), o Australian Research Centre for Human Evolution (ARCHE) e o Cento Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH). Estes traballos contan co patrocinio e a colaboración fundamental do Concello de As Neves e da Comunidade de Montes en Man Común de As Neves.

As investigacións desta campaña procuran afondar nas particularidades deste excepcional xacemento, coñecer mellor a distribución dos niveis de ocupación humana identificados no lugar, os cales teñen unha idade comprendida entre os 300.000 e os 200.000 anos de antigüidade. Así mesmo coa substancial ampliación da superficie escavada tentarase explicar a natureza funcional da principal acumulación de ferramentas do xacemento.

O xacemento paleolítico de Porto Maior localizouse de maneira casual no ano 2005, con motivo da realización dunhas obras de extracción de terras, que deixaron a vista unha sección dos seus depósitos xeolóxicos. Tras unha serie de traballos preventivos, desenvolvidos nos anos inmediatos ao seu descubrimento, durante 2012 e 2014 retómanse os traballos de campo no xacemento, a cargo do actual equipo de investigación. Estes traballos de investigación puxeron de manifesto a existencia de múltiples niveis de ocupación de cronoloxía paleolítica, todos eles de tecnoloxía achelense (cultura do Paleolítico antigo europea). De entre estes niveis de ocupación destaca o nivel PM-4 no que se identificou unha espectacular acumulación de ferramentas de pedra, no que primeiro caso coñecido en todo o continente europeo. Este tipo de comportamento é habitual en certos xacementos do paleolítico antigo africano e de Próximo Oriente. Así mesmo, as ferramentas presentes neste nivel destacan polas súas extraordinarias dimensións, onde achegan medidas superiores aos 18 cm (con máximos de 27 cm e 2 kg de peso), cando o normal é que non superen os 15 cm. Isto os converte nos de maiores dimensións coñecidos en todo o continente Europeo e uns dos máis grandes a escala mundial.

A datación do xacemento indican que a súa ocupación desenvolveuse entre os 300.000 e os 200.000 anos de antigüidade. Isto define a Porto Maior como o xacemento con restos de actividade humana máis antigo coñecido en toda Galicia. Isto vén desmontar a idea, comunmente admitida, de que a primeira ocupación humana desta rexión realizouse en tempos moi recentes, en relación ao sucedido noutras rexións españolas. Non se coñece a día de hoxe xacemento de cronoloxía semellante en ningún outro punto de Galicia e confírmase de maneira incuestionable a presenza humana na rexión en cronoloxías moi antigas.

Durante os traballos de escavacións vanse a por en marcha, en colaboración co Concello de As Neves, un programa de actividades didáctica, que contempla un programa de visitas guiadas as escavacións e charlas para dar a coñecer entre a veciñanza de As Neves e o público xeral a importancia deste xacemento, o único do seu tipo coñecido en toda Europa.

Ler Máis
13 Xuñ
0

Acto de Recoñecemento e Presentación de Libro

ACTO DE RECOÑECEMENTO a todas cantas persoas e Institucións contribuístes desinteresadamente á normalización das nosas vidas tralos lumes do pasado mes de outubro.

Xunto presentarase o un proxecto fotográfico colectivo que describe os momentos e vivencias daqueles días.

Ler Máis
11 Xuñ
0

Teatro Infantil

Teatro Infantil o sábado 16 as 21hs no Auditorio

Representación da obra do grupo de teatro infantil de A.C. As Neves Group

Ler Máis
10 Xuñ
0

O Concello das Neves asinará a vindeira semana un convenio coa Xunta para a construción da nova Gardería.

Xunta de Galicia e Concello construirán na segunda parte de 2018 a nova Gardería infantil das Neves para resolver os problemas de espazo e condicións de prestación do servizo coñecidos dende hai décadas.

Na vindeira semana o Presidente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez e o Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez asinarán o convenio que permitirá o construción da instalación cun orzamento de preto de 300.000 euros dos que As Neves aportará o 25 %.

A Gardería estará situada na zona da antiga casa do conserxe do Colexio Público de Ensino Infantil e Primario das Neves. A nova instalación contará con 161 metros cadrados construídos e mailos espazos exteriores, sumando unha parcela total neta de 490,50 metros cadrados. Disporá de 20 prazas cos servizos de zona de preparación de alimentos, zonas de hixiene, zona de descanso, 2 aulas para usos múltiples e despacho. No exterior haberá espazo para xogos, hortas, xardín e acceso para as familias.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, móstrase moi satisfeito de por en marcha unha das primeiras aspiracións do seu goberno dende a chegada hai case 3 anos, unha nova gardería demandada por toda a poboación. Explica tamén, todo o proceso no que foi preciso convencer a Xunta da necesidade e de que tomasen a decisión de investir amais de dispor os fondos propios. Foron precisos moitos trámites administrativos para poder construila nese lugar, ademáis de elaborar o proxecto construtivo. E todo isto intentando levalo co maior consenso da comunidade escolar a través do CEMAN (Consello Escolar Municipal).

Edificio actual da Casa do Conserxe

Ler Máis
08 Xuñ
0

IV Xornada de Cultura Urbana

IV Xornada de Cultura Urbana

O vindeiro venres 15 de xuño na Casa da Xuventude

Obradoiros de beatbox, skate, personalización de gorras e moito máis.

Ler Máis