Blog

07 Xuñ
0

Concerto Recital

Concerto Recital en Rubiós o sábado 9 as 21hs.

Coa actuación do artista invitado Iago Ramilo e artistas da Banda de Música de Rubiós como Naira González, Carlos Alvarez e Rafael Camiña en outros.

 

Ler Máis
05 Xuñ
0

5 de xuño – Día Mundial do Medio Ambiente

O Concello das Neves avanza nunha xestión máis eficiente do Medio Ambiente:

PUNTO LIMPO

Autorizado para xestionar gran cantidade de residuos, contando cunha nova caseta para os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (raees)

Xestión económica na que se aforraron en tratamento de residuos 12.000 euros no ano 2017.

Atendido de martes a sábado mañá e tarde. Convértese residuos en emprego.

RECOLLIDA SELECTIVA DO LIXO

En menos de tres anos aumentáronse os contedores para a recollida selectiva nun 49,67%

Recollida selectiva de vidro supuxo 67,72 toneladas en 2017 un 47,5% máis que o ano anterior. Superando as medias provincial, autonómica e estatal con 17kg/habitante.

AREAS DE RECICLAXE

Preparáronse 43 zonas nas que ter tódolos tipos de contedores, lugares estables, delimitados e sinalizados para que a xestión selectiva sexa limpa e apeticible.

Agora toca o impulso da COMPOSTAXE co PLAN REVITALIZA. Residuos = Recursos. Convertir o lixo orgánico en recurso, en compost ou abono. No ano 2023 a UE prohibe que os restos orgánicos (bioresiduos) se recollan xuntos con outro lixo. Nas Neves comézase xa, con composteiros en cada casa e centros de compostaxe comunitaria no centro urbano.

E a recuperación do MEDIO NATURAL traslos lumes grazas a diversas iniciativas entre as que destacamos O MONTE NACE NA ESCOLA. Actividades acordadas no Ceman(Consello Escolar Municipal) onde nas escolas se poñen en marcha semilleiros, plantacións, coidado, rega…

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler Máis
01 Xuñ
0

Uxío Benítez deputado provincial de mobilidade anuncia o investimento de máis 170.000 euros na EP4006 nas Neves

Uxío Benítez xunto co Concello das Neves e a veciñanza precorreron a zona na que anunciaron un investimento de máis de 170.000 € para mellorar a antiga estrada provincial EP-4006 no Ravelo en Tortoreos.

A Deputación de Pontevedra realizará unha senda de 800m de lonxitude e 2,5m de ancho para facilitar a mobilidade peonil cara os centros de ensino da zona e cara a zona máis urbana e de servizos.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, acompañado polos Tenentes de Alcalde Eduardo Mariño e Oscar González, quixo agradecer ao Deputado Provincial Uxío Benítez a decisión deste investimento pero sobre todo a súa motivación. Considera prioritaria a mobilidade peonil, protexendo a estes con sendas e pasos de peóns elevados.

O goberno das Neves aproveita para indicarlle a Xunta de Galicia que pode tomar exemplo e tomar decisións continuamente demandadas que afectan a mobilidade peonil e de vehículos nas súas estradas. Por exemplo, na PO400 nos accesos a Setados, Vide e As Neves; e nas PO415 e PO402 para defender aos peóns ao paso por zonas habitadas de varias parroquías.

Ler Máis
30 Mai
0

Campionato Galego de Motocross

FOI APRAZADO POLA ORGANIZACIÓN AO NON CHEGAR A TEMPO NA PREPARACIÓN DAS PISTAS.

O vindeiro sábado día 2 de xuño a partir das 16 horas terá lugar a proba do Campionato Galego de Motocross e Quadcross no circuíto de Taboexa.

Ler Máis
30 Mai
0

Mar adiante. Teatro galego nas Neves

Mar adiante, baseado na obra de María Victoria Moreno, este domingo 3 as 19 de balde no Auditorio Municipal ofrecido pola Deputación de Pontevedra.

 

Ler Máis
29 Mai
0

Curso de apicultura sustentable

Curso de Apicultura nas Neves nas vindeiras 2 semanas.

Anótate en depoverde@depo.es

Máis información en 886 210725 ou en depoverde@depo.es

 

Ler Máis
28 Mai
0

Presentación de Sermos Diario Galego

Foto do acto de presentación

Presentación de Sermos Diario Galego, xoves 31 as 21hs no C.I.P.C. de Taboexa.

“Quero convidarte persoalmente ao acto de presentación do xornal diario Sermos que organizamos para este próximo Xoves 31 ás 21:00hs no Centro de Interpretación do patrimonio de Taboexa .
A pluralidade informativa é esencial para conseguir sociedades avanzadas e progresistas.
Gostaria contar coa tua presencia e das persoas que convides.”

Xosé Manuel Rodriguez Méndez
Alcalde As Neves.

 

Ler Máis
22 Mai
0

Inicio da recuperación e posta en valor da Fonte de San Ignacio nas Neves

Nos últimos días o Concello das Neves comezou as obras para recuperar a fonte de San Ignacio anteriormente coñecida como fonte do Regueiro.

Os traballos que se realizan son financiados ao cen por cen pola área de Patrimonio da Deputación de Pontevedra e deberán rematarse neste mes de maio.

A fonte recuperará a auga nos seus canos e será adecentada. Na súa contorna, na parte traseira retiranse as construccións en estado de ruína que non tiñan ningúnha función.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, recoñece que a veciñanza máis maior agradece moitísimo a recuperación desta fonte sen esquecer que en todo o concello hai máis de 200 fontes. Indica que este é un espazo con moito potencial e especial para desfrutar do noso pobo.

O Concelleiro responsable da área de Patrimonio, Oscar González, que visita a fonte, agradece a Deputación a posta en marcha destes programas de posta en valor do patrimonio, xa que grazas a eles podemos acometer estas pequenas accións sen ter que deixar de facer outras tamén moi necesarias, sobre todo neste ano no que o lume e as posteriores enchentes nos obrigaron a retrasar proxectos para poder reparar os danos.

Oscar González, Concelleiro de Patrimonio, visitando a fonte

Ler Máis
21 Mai
0

Depo Andaina As Neves

Toda a información en:

https://www.depo.gal/depo-andainas/as-neves

 

Algunhas fotos:

Ler Máis
15 Mai
0

3ª Brincadeira

O vindeiro sábado 19 de maio a partir das 17 horas a Asociación As Neves Group organiza a 3ª Brincadeira Solidaria de axuda ao refuxiado. Haberá obradoiros, xogos xigantes, pintacaras, mago…

Ler Máis