O Concello das Neves lanza o proceso de contratación de 2 conductores/as coas seguintes características.
DOUS POSTOS DE CONDUTOR-TRACTORISTA (OFICIAL DE 1a)
Requisitos de acceso:
– Titualción mínima de Graduado en ESO ou equivalente.
– Carné de conducir C e estar en posesión do Certificado de Aptitude para condutores profesionais (CAP).
Prazo de solicitudes: 5 días naturais a contar dende o día seguinte á publicacion deste anuncio.
Presentación de solicitudes no Rexistro do Concello de luns a venres de 9 a 15 h. e nas demáis formas recollidas no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Consultar Bases da Convocatoria: Taboleiro de Anuncios do Concello, páxina web (www.asneves.gal) e na súa sede electrónica (concelloasneves.sedelectronica.gal).
Oficios que servirán para levar a cabo diversas actuacións de conservación e mantemento de bens públicos
As persoas candidatas deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. O concello solicitará as persoas traballadoras mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas. Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o Concello. Este será quen realice a selección definitiva das persoas candidatas.
Os postos de traballos son:
1 peón para o punto Limpo CNO:94421013
1 auxiliar de axuda a domicilio CNO:57101013
2 limpadoras/es de edificios e e locais CNO:92101050
1 peón varredor/a CNO:94431016
que traballarán dende o día da contratación ata o día 31 de decembro de 2018 a xornada completa.
2 peóns de construcción CNO:96021013
4 peóns forestais CNO:95431028
que traballarán dende 1 de abril ao 31 de decembro de 2018.
1 Auxiliar Administrativo/a CNO:43091029
2 fontaneiras/os CNO:72211012
que traballarán dende 1 de maio ao 31 de outubro de 2018.
1 Auxiliar Administrativo/a CNO:43091029
que traballará 2 meses e 26 días a finais de anos
Os requisitos puntuacións e valoracións completas para o acceso aos postos pódense consultar entre outros na páxina web do Concello www.asneves.gal.
O Ministerio de Facenda puxo en marcha no ano 2017 un proceso de regularización catastral nas Neves e noutros concellos do país que derivou na alta no imposto de construcións e revisión de valoracións doutras que xa estaban de alta. Nese proceso impuxeron un pago ou multa de 60 euros a cada propietaria/o e agora pasan ao cobro os 4 anos que consideran de atrasos.
O Concello das Neves dende o primeiro momento opúxose ao proceso no que se impuñan multas de 60 euros e se daban de alta, ata como vivendas, cubertos e outras construcións propias de Galicia.
Por iso daquela e agora de novo xestionamos co Catastro para que haxa un lugar no que poder consultar e ser asesoradas/os nas reclamacións para que as veciñas e veciños teñan o menor impacto posible a unha decisión errada do goberno do Estado Español.
A entidade financeira destina 20.000 euros a este proxecto, que chegará a 13 parroquias
O alcalde das Neves, Xosé Rodríguez Méndez, e o xefe de zona de CaixaBank, Igor das Heras, asinaron onte o convenio de colaboración polo cal a Obra Social “La Caixa” colabora, con 20.000 euros, nun proxecto de Atención Sociocomunitaria para a dinamización de persoas maiores que viven soas no rural, e que sufriron, nalgúns casos, a perda de pertenzas no incendio de outubro.
Segundo explicou o alcalde das Neves, é un proxecto que chegará ás 13 parroquias do municipio, e cuxo programa de intervencións ultima o departamento de servizos sociais.
Trátase de programar actividades que poidan sosterse no tempo, mesmo cando xa non exista financiamento para as mesmas, e que incida na interrelación entre persoas maiores que non estean acompañados. “Serán actividades de dinamización que buscan unir ás persoas, cuxa situación de soidade, adquire maior desolación tras o gran incendio de outubro”, explica o alcalde.
O Concello realizou un censo de persoas en situación de vulnerabilidade por vivir soas e ser maiores “e vimos a conveniencia de que é necesario que se volvan a crear vínculos entre elas”, sinalou o rexedor.
Este proxecto de Atención Sociocomunitaria é, sobre todo, unha resposta para os efectos psico-sociais provocados pola vaga de incendios do mes de outubro e encaixa nas liñas de actuación da Obra Social “La Caixa”, tal e como explicou Igor das Heras. O xefe de zona lembrou que a entidade se comprometeu en outubro a axudar aos concellos máis devastados polos lumes e incidiu no compromiso social e na proximidade co territorio.
Tralos incendios, As Neves procurou articular desde o primeiro momento unha resposta sociocomunitaria que se enfrontase eficazmente ás consecuencias dos lumes. Á vez que os propios servizos sociais, xogou un papel determinante a organización de grupos de voluntariado que progresivamente foron asumindo tarefas de primeira necesidade (información, abastecemento de auga potable e repartición de alimentos para animais, entre outros). “A súa actuación foi igualmente determinante no apoio emocional das persoas máis afectadas, aproveitando as visitas de distribución de auga para acompañar e compartir a dor de xente que sufriu a perda das súas pertenzas”, explicou o alcalde.
O novo programa é unha continuidade ás tarefas de emerxencia realizadas nos primeiros momentos. O rexedor das Neves, Rodríguez Méndez, agradeceu o importante apoio da Obra Social “A Caixa” para poder desenvolver esta iniciativa.
Cando se cumpren 6 meses dos lumes sufridos nas Neves no pasado mes de outubro, e segundo o anunciado, cumprimos co compromiso de informar da Conta As Neves -Zona Cero, destinada a recoller achegas de particulares e empresas para contribuir a enfrontar os danos causados polos lumes.
O destino destes fondos é sempre supervisado pola área de Benestar Social do goberno municipal,
priorizando a atención directa aos afectados.
O outro principal destino destes recursos é o proxecto “O monte nace na escola “, que nestes días imos comenzar a presentar en todos os centros escolares do concello, para tratar de involucrar así a toda a comunidade educativa. Estamos convencidos de que outro monte é posible, e de que é na escola onde este cambio ten que comezar.
Aproveitamos a ocasión para agradecer as doazóns tanto de particulares como de empresas e colectivos que seguides achegando a esta conta. Facemos mención por tanto ás empresas e colectivos que dunha maneira ou outra (achegass económicas, doazóns de auga, prantas, abono…, etc) nos prestaron a súa axuda dende a última presentación de contas.
Grazas por tanto a:
DARLIM
El RINCÓN DE ALMUDENA
VIGOEMPLEO
GRUPO DE TEATRO DE PONTE CANEIRO
TORNEO SOLIDARIO ARBO
FESTIVAL SOLIDARIO CÁRITAS-TABOEXA
SECURITAS DIRECT
A.C PONTENOVA
ELECTRICIDADE CONDADO
ECOCELTA
COLECTIVO A REVOLTA.
e, por suposto, grazas tamén a todas as persoas que de forma individual nos fan chegar a sua doazón.
Nos últimos días que ainda son propicios para a plantación desenroláronse diversas accións
A 3ª Andaina do Condado repartiu sementes entre as participantes para que fosen deixadas polos lugares de paso. Sementes que foron doadas ao Clube Cornelios pola Rexión de Murcía.
A obra social de Abanca coa colaboración das Comunidades de Montes de San Xosé de Ribarteme e Taboexa, o grupo de voluntariado e o Concello das Neves realizou a plantación chamada “Para que as nosas árbores volvan estar onde teñen que estar”. A xornada de plantación do sábado 7 de abril foi na área recreativa e panorámica do monte San Nomedio.
Tamén dentro do proxecto o Monte nace na Escola despois de haber plantado coas crianzas do ceip e as unitarias na Chan de Vide, agora é no instituto onde coa sempre agradecida axuda do voluntariado se procedeu a plantar as árbores doadas pola empresa Darlim.
O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, recorda a traxedia, a solidariedade e agora o impulsos de partir de cero, de renacer, de semantar vida. “Traballamos para nós pero sobre todo para as xeracións futuras”.
Hoxe reuníronse o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodriguez Méndez e o concelleiro de Benestar, Óscar Gónzalez Álvarez coas Anpas, Asociacións Culturais e Deportivas para traballar na axilización das tramitacións de subvencións coa nova ordenanza.
Grazas a tod@s por axudar a dinamizar o noso Concello.