Blog


Continúan as obras por valor de 200.000 euros logo das enchentes derivadas do lume.
O Concello das Neves ven de abrir ao tráfico, nesta semana, a estrada que une Santa Olaia de Batalláns coa PO402, estando sen rematar totalmente obra.
Logo dos lumes do 15 de outubro chegaron as chuvias de decembro e os arrastres que deixaron entre outras incidencias o tráfico pechado en 2 estradas no Concello das Neves.
Recupérase a circulación na estrada principal no barrio de Trasdoval cunha obra que consistiu na construcción, nun afluente do río Uma, dun novo paso por debaixo da estrada con muros de contención de importantes dimensións.
Continúan as obras derivadas do lume e das chuvias, co remate definitivo deste paso, outro paso en Trasdoval e no mesmo regato outro tamén no barrio do Pío. A construcción dun novo paso no regato do Covelo na estrada entre Santa Olaia e San Pedro de Batalláns, a construcción dun muro en Caneiro, Taboexa e a reconstrucción do paso en Portela, San Xosé de Ribarteme
O Alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, lembra que As Neves está a investir nestas obras máis de 200.000 euros que son financiados co Plan Concellos da Deputación. A día de hoxe a Xunta de Galicia ainda non asinou ningún convenio co Concello para axudar a reposición dos danos causados polos incendios de outubro do ano pasado, gastos que alomenos superarían os 900.000 euros.

Acude a primeira charla sobre a compostaxe nas Neves o vindeiro xoves 15 as 19hs no 1º andar do edificio de Correos.
É o futuro no tratamento do lixo , é moi importante, ecolóxica, económica e legalmente.

O parque situado na praza de enriba do auditorio está a ser usado por
decenas de crianzas
O Concello das Neves ven de instalar xa hai semanas un novo parque infantil na praza de
enriba do auditorio, xusto a beira da Casa do Concello en pleno centro da vila.
Esta instalación deportiva está tendo un uso diario por crianzas das Neves en contraposición
co que estaba a ocurrir cos parques existentes. A nova instalación esta colocada no centro da
vila nun lugar moi accesible e cómodo. En cambio os parques anteriores están en lugares
afastados e de difícil acceso.
O Alcalde das Neves, Xosé Rodríguez Méndez, indica novamente que as crianzas son o
futuro das Neves. “Debemos ofrecerlle servizos e comodidades a elas e aos seu proxenitores,
melloras nas zonas de lecer, -parques, Casa da Xuventude-, tamén nos centros de ensino, na
Biblioteca, nas áreas deportivas e nos eventos culturais amáis do servizos diarios.

As obras consisten en adecentar os espazos, ordenar, colocar e realizar un peche para suxeitar os contedores
O Concello das Neves está rematando a instalación de 43 áreas de reciclaxe en tódalas parroquias do territorio municipal. As obras que se realizan consisten na maior parte dos casos na preparación dunha soleira de formigón delimitada con pintura e barras de aceiro. Amáis colócanse sinais explicativas da recollida selectiva cun espazo para anuncios.
O Alcalde das Neves, Xosé Rodríguez Méndez, explica que estas áreas son zonas onde a veciñanza pode colocar separados selectivamente os seus residuos. Un lugar agradable, ordenado e limpo onde poder depositar o lixo nas zonas máis céntricas ou máis accesibles dos barrios ou parroquias. Queremos conseguir que As Neves sexa primeira en tratamento do lixo coa separación, a recollida selectiva e coa implantación da compostaxe a través do Plan Revitaliza.
O goberno nacionalista e socialista das Neves aumentou, dende 2015, un 50% o número de contedores para a recollida selectiva. Oscar González, Concelleiro de Medio Ambiente, indica que hai moito por avanzar no tratamento do lixo. Reducir a cantidade de lixo xerado, sobre todo mediante a compostaxe, e separar para reciclar son esenciais ecolóxica e económicamente, conseguindo a sustentabilidade do ambiente e reducindo o gasto en lixo que pode permitir non ter que aumentar taxas e reorientar o gasto a outros investimentos.
Salientar, tamén, as melloras realizadas no Punto Limpo, que pasou de ser hai dous anos un basureiro con multas, contaminación e custes moi elevados, a ser un lugar agradable, atendido de martes a sábado onde cada vez un maior número de residuos que entran son destinados a recuperación e reciclaxe.


Este domingo 25 de febreiro as 9:30 dende o Centro de Interpretación do Patrimonio e Cultural de Taboexa.
Anótate en 629270651/616992177. Non Socios 4€ e Socios 2€
Aproveita para visitar o noso patrimonio ao tempo que fas unha actividade física saudable.

De novo chega unha Estación Cultural ao Concello das Neves.
Durante as vinderas semanas poderase disfrutar de proxeccións de cine no auditorio municipal.
O xigante
(Curta infantil de Abano Producións)
O soldadiño de chumbo
(Curta infantil baseada no Conto de H.C. Andersen)
A flor máis grande do mundo
(Curta infantil baseada no relato de José Saramago)
Domingo 4 de marzo. 18:00 h
Os días afogados (Documental)
Sábado 10 de marzo. 18:00 h
Charla-coloquio ao remate
Entrelobos (Longametraxe)
Domingo 18 de marzo. 18:00 h
Charla oa remate con Marcos Rodríguez Pantoja,
protagonista da historia real

As obras son nas Escolas de Taboexa, Rubiós e no Colexio das Neves.
O Concello das Neves ven de rematar as obras nas escolas unitarias de Rubiós e Taboexa que abordaron diversos conceptos.En Rubiós procedéuse a pintado e o colocación de cortinas e en Taboexa a pintado, colocación de canalón e reforma do patio entre outros. No Colexio de Infantil e Primaria das Neves durante estas vacacións de entroido levánse a cabo obras para a mellora nos peches das pistas deportivas, reparación de barandas e tamén se correxirán certos problemas de seguridade en taludes próximos a zona de Infantil.O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, indica que o goberno municipal continuará coa mellora das infraestructuras educativas e ten previsto investir novamente durante 2018 nas distintas instalacións educativas. Xose Manuel comenta que “aí está o futuro das Neves terémolo en conta”.