Blog

21 Out
0

As Neves Zona Cero – Voluntariado

Para OFERTAS DE APOIO E AXUDAS chamar exclusivamente aos teléfonos 689984210 / 609782868 / 636776900

Prégase atender exclusivamente as necesidades e demandas de axuda publicadas no facebook oficial do Concello das Neves ou indicadas dende estes números de teléfono.

Moitas grazas pola vosa solidaridade.

Ler Máis
21 Out
0

As Neves Zona Cero

Os lumes invadiron o 90% do noso Concello

 

O máis grande agradecemento a toda a veciñanza polo esforzo e a loita por salvar o seu territorio, as pertenzas e as persoas.

Ler Máis
12 Out
0

As Neves sinaliza o seu patrimonio e comezará a sinalización dos barrios

Propietarios forestais franceses vistaron a zona afectada pola praga do piñeiro e puideron visitar a zona dos petroglifos recen adecentada e sinalizada

O Concello das Neves levou a cabo a limpeza e sinalización dalgún do seu patrimonio histórico grazas a unha subvención da área de patrimonio da Deputación de Pontevedra.

Procedeuse a limpeza dos petróglifos de Coto Ribado e da Cabreira en Taboexa e Ponte da Senra en Santiago de Ribarteme. Nestes lugares o Concello, ademais da limpeza da zona, efectuou a sinalización mediante paneis informativos destes elementos históricos que, según Oscar González, Concelleiro de Benestar e responsable de Patrimonio, “debemos de protexer, cuidar e trasmitir o seu valor as xeracións futuras; ademais de ser lugares cun potencial atractivo turístico”.

Na zona de Taboexa, propietarios forestais franceses, técnicos da Asociación Forestal de Galicia e da Escola de Lourizán visitaron a zona afectada pola praga do piñeiro para coñecer a experiencia negativa desta praga e ao mesmo tempo desfrutaron do patrimonio rupestre.

Nas vindeiras semanas o Concello das Neves comezará a sinalización dos barrios e parroquias, cumplindo así cunha demanda da veciñanza de todo o territorio municipal.

Ler Máis
12 Out
0

MisturArte

Sábado 14 de outubro, diversas actividades nas Neves

Concerto de Corais

II Xornada de Cultura Urbana

Exposición da Memoria Histórica das Neves

Ler Máis
10 Out
0

Outono Cultural – 125 aniversario – Banda de Música de Rubiós

Ler Máis
09 Out
0

As Neves pon en marcha un ambicioso proxecto de recuperación da memoria local

A exposición achégase as parroquias
Comprobe os días no final do artigo
Recíbese o legado do fotógrafo local Alejandro Alonso Estévez
 
O Concello das Neves vén de iniciar un ambicioso proxecto de recuperación da memoria local, logo de recibir o legado do fotógrafo Alejandro Alonso Estévez composto por máis de 3.000 negativos, en 35 mm, que recolle imaxes de habitantes do concello e da contorna dende os anos 60 do pasado século XX.
A maior parte dos negativos corresponden a fotografías de carné de centos de veciños e veciñas, aínda que tamén se inclúen numerosas fotos de estudo e de distintas celebracións e lugares do Concello das Neves.
A doazón deste arquivo gráfico, realizada por Manuel Tiago Seoane, foi aceptada de inmediato polo Concello das Neves, adquirindo o compromiso non só da súa conservación, senón tamén da súa difusión.
Identificación das fotografías
Para conseguir unha difusión axeitada deste legado, o primeiro paso será o proceso de identificación das fotografías “para o que é imprescindible a colaboración veciñal”, aseguran dende o Concello.
Así, dende o luns, 11 de setembro, o Concello habilita unha sala no baixo do Centro Social de luns a venres de 11 a 13 horas, para que veciñas e veciños, poidan ver as fotografías que xa están dixitalizadas, e aportar datos sobre as persoas que aparecen nas distintas fotos ou en que lugar foron tomadas.
Amais de conseguir a correcta datación de todo o arquivo, a identificación permitirá obter o permiso das persoas que aparecen, “de tal xeito que as fotografías poidan ser utilizadas en exposición e actos de difusión da memoria gráfica local das Neves respectando, de xeito escrupuloso, a Ley de Protección de Datos”.
Dar a coñecer o pasado aos máis novos
Unha vez recibido o legado de Alejandro Alonso Estévez, Fotografo, Barbeiro e “practicante”, o Concello das Neves solicitou unha subvención á Dirección Xeral de Xuventude grazas á que, o arquivo, será exposto publicamente nos formatos que os máis novos decidan. Pantallas instaladas na Casa da Xuventude de 18 a 20 horas permitirán que, mozas e mozospoidan examinar as fotos polo miúdo e poidan, se así o desexan, ofrecer as súas propias propostas artísticas sobre as fotografías.
Ditas propostas, que terán que ser presentadas antes do 7 de outubro, poderán incluir formatos como o graffiti, collage, mural, cartaze, tarxetas ou calquera proposta artística que mestura varios destes formatos. Os traballos seleccionados por unha comisión que se constituirá expresamente para este certame, serán expostos nunha mostra que terá lugar no mes de outubro.
Vocación de continuidade
Este será o primeiro ano no que o concello leve adiante unha labor de difusión do arquivo do fotógrafo Alejandro Alonso Estévez, “pero non será o último” sinala o Executivo local, xa que a iniciativa nace “cunha clara vocación de continuidade”.
A idea é que As Neves, “un concello que ten a sorte de contar no seu patrimonio histórico con grandes cineastas como José Gil e fotógrafos como Alejandro Alonso Estévez, entre outros, chegue a ser identificada como una vila na que a fotografía sempre estivo presente”, explica o alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez.
Esta iniciativa, será a primeira e marcará o punto de partida “para a celebración anual dun evento relacionado coa fotografía e a memoria gráfica local”. Trátase, conclúe o rexedor local, “de continuar coa liña marcada de colocar As Neves no mapa e convertelo non só nun referente enolóxico e gastronómico, senón tamén cultural”.
A exposición das fotografias nas parroquias

Ler Máis
09 Out
0

Resultados da selección de persoal eventual

Pulsa no enlace para ver a resolución.

Resultado Selección Persoal Temporal

Ler Máis
07 Out
0

Os parques de Liñares e Chan en Tortoreos están dispoñibles despois das obras realizadas

O Concello das Neves instalou unha área biosaudable en Tortoreos e reparou o parque e a pista deportiva de Liñares.

O goberno local das Neves levou a cabo a reparación dos exteriores da escola de Liñares, instalando novos elementos de parque infantil e renovando a pista de deportiva. Procedeuse a limpeza da pista deportiva, a colocación de novas porterías e canastas e o pintado das áreas de xogo. No parque hai agora un novo tobogán, columpios, un banco e tamén se retirou o portal para facer máis accesible este área pública.

Na zona próxima de Tortoreos, na escola da Chan colocáronse elementos de parque biosaudable xunto cun banco, árbores e preparando o terreo para que sea máis cómodo.

Segundo Oscar González, Concelleiro de Benestar e responsable de deportes, con estás dúas obras téntase abordar unha zona moi poboada e chegar aos diferentes estratos de poboación, a infantil, a mocidade e outros, podendo chegar a persoas con máis idade que tamén demandan lugares nos que poder exercitarse para manter un bo estado físico.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, explica que dende a institución municipal debemos xerar pouco a pouco mellores condicións para que a veciñanza das Neves goce dunha gran calidade de vida durante tódalas súas etapas.

Ler Máis
05 Out
0

Concerto de Corais

Sábado 14 as 19 horas no Auditorio Municipal Concerto coas Corais S. Mateus de Portugal e a Coral Polifónica Santa María das Neves.

A entrada é de balde e durante o concerto farase o sorteo dun xamón e dun queixo manchego.

Ler Máis
03 Out
0

Convocatoria e probas de selección de persoal funcionario administrativo interino

Convocatoria e probas de selección de persoal funcionario interino:

Unha praza de administrativo de administración xeral mediante oposición libre

 

 

Toda a información do proceso selectivo de persoal interino administrativo pódese consultar de xeito oficial na Sede Electrónica do Concello das Neves.

http://concelloasneves.sedelectronica.gal/board//

20 de setembro celebrouse o primeiro exame

3 de outubro celebrouse o segundo exame  Aprobados 2º exercicio Administrativo Interino As Neves

 

Ler Máis