Blog

02 Out
0

Presentación do Obradoiro de Emprego ‘Viño Cultura San’ nas Neves e Salvaterra

A iniciativa, desenvolvida polos concellos das Neves e Salvaterra de Miño formará a 20 persoas en situación de desemprego e conta coa colaboración da adega ‘Señorío de Rubiós’

Os Concellos das Neves e Salvaterra de Miño acollerón, este luns, 2 de outubro, a presentación do Obradoiro de Emprego ‘Viño Cultura San’ que desenvolven de xeito conxunto ámbolos dous Concellos coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través do seu programa de Obradoiros de Emprego.

A primeira hora da mañá tivo lugar a presentación oficial do ‘ViñoCultura San’ no Concello de Salvaterra de Miño e cara ás 12:30 horas trasladouse a presentación ─acompañada dunha cata comentada─ a adega ‘Señorío de Rubiós’ das Neves.

O obradoiro desenvolverase baixo o formato mixto de formación e emprego e terá unha duración de nove meses. Nel participarán 20 persoas en situación de desemprego e un equipo formado por cinco docentes e outorgará dous certificados de profesionalidade: ‘Elaboración de viños e licores’ e ‘Promoción turística local en formación ao visitante’.

As clases, na súa parte teórica, desenvolveranse nas aulas de Salvaterra de Miño e As Neves, mentres que na súa parte práctica terán lugar nas adegas ‘Señorío de Rubiós’.

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, destacou a importancia desta iniciativa de formación “que permitirá a cualificación profesional dos participantes en materias relacionadas coa Enoloxía e o Enoturismo”.

O rexedor local incidiu na importancia que para concellos cunha longa tradición vinícola, como As Neves e Salvaterra de Miño, “teñen todas as accións formativas que se desenvolven neses eidos”.

O Enoturismo, cada día máis en auxe, engadiu Rodríguez Méndez, “supón unha excelente oportunidade para o desenvolvemento económico das Neves”, polo que é imprescindible, rematou o alcalde, “contar con persoal cualificado que poida desenvolver ditos proxectos, persoal que ten a oportunidade de formarse en Obradoiros de Emprego como este que agora se pon en marcha”.

Ler Máis
02 Out
0

II Xornada de Cultura Urbana

O Concello das Neves vai levar a cabo a II xornada de Cultura Urbana que se vai desenvolver o vindeiro sábado 14 de outubro de 16 a 21 horas na praza do Concello. Os obradoiros destinados a mocidade versarán sobre actividades variadas como o beatbox, skate, breakdance e o graffiti.

Ler Máis
01 Out
0

Os Concellos das Neves e Salvaterra de Miño acollen a presentación do Obradoiro de Emprego ‘ViñoCultura San’

A iniciativa formará en Enoloxía e Enoturismo a 20 persoas en situación de desemprego e contará coa colaboración da adega ‘Señorío de Rubiós’ que permitirá a realización da parte práctica do obradoiro

Os Concellos das Neves e Salvaterra de Miño acollerán, o vindeiro luns, 2 de outubro, a presentación do Obradoiro de Emprego ‘Viño Cultura San’ que desenvolven de xeito conxunto ámbolos dous Concellos coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través do seu programa de Obradoiros de Emprego.

Ás 10:30 horas terá lugar a presentación oficial do ‘Viño Cultura San’ no Concello de Salvaterra de Miño para, cara ás 12:30 horas ter lugar a presentación ─acompañada dunha cata comentada─ na adega ‘Señorío de Rubiós’ das Neves.
O obradoiro desenvolverase baixo o formato mixto de formación e emprego e terá unha duración de nove meses. Nel participarán 20 persoas en situación de desemprego e un equipo formado por cinco docentes e outorgará dous certificados de profesionalidade: ‘Elaboración de viños e licores’ e ‘Promoción turística local en formación ao visitante’.
As clases, na súa parte teórica, desenvolveranse nas aulas de Salvaterra de Miño e As Neves, mentres que na súa parte práctica terán lugar nas adegas ‘Señorío de Rubiós’.

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, destacou a importancia desta iniciativa de formación “que permitirá a cualificación profesional dos participantes en materias relacionadas coa Enoloxía e o Enoturismo”.

O rexedor local incidiu na importancia que para concellos cunha longa tradición vinícola, como As Neves e Salvaterra de Miño, “teñen todas as accións formativas que se desenvolven neses eidos”.

O Enoturismo, cada día máis en auxe, engadiu Rodríguez Méndez, “pode supoñer unha excelente oportunidade para o desenvolvemento económico das Neves”, polo que é imprescindible, rematou o alcalde, “contar con persoal cualificado que poida desenvolver ditos proxectos, persoal que ten a oportunidade de formarse en Obradoiros de Emprego como este que agora se pon en marcha”.

Ler Máis
30 Set
0

I Rastrexo Lendas de Taboexa

Este sábado 30 de setembro na parroquia de Taboexa terá lugar o primeiro rastrexo denominado “Lendas de Taboexa”

Ler Máis
25 Set
0

Listaxe definitivo de alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego Viñocultura SAN

O Concello das Neves informa da listaxe definitivo de alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego Viñocultura SAN.  O vindeiro venres 29 de setembro darán comezo as 2 modalidades do obradoiro “Información Turística Local e Elaboración de Viños e Licores”.

Pódese Consultar na Sedeelectrónica http://concelloasneves.sedelectronica.gal/board// ou no seguinte enlace.

Listaxe definitivo de alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego Viñocultura SAN

Ler Máis
24 Set
0

O Concello das Neves esixe o mantemento dun transporte público que dea resposta ás necesidades reais da veciñanza

O Goberno local das Neves asegura que o novo Plan de Transporte “limita gravemente a liberdade de movemento dos veciños e veciñas do rural”

O Concello das Neves vén de esixir á Xunta de Galicia o mantemento “dun servizo de transporte público que dea resposta ás necesidades reais da veciñanza”. Para o Executivo local, o Plan de Transporte posto en marcha polo Goberno galego “altera de xeito substancial a capacidade de mobilidade que deben ter os veciños e veciñas que habitan nos núcleos rurais”.

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, chamou especialmente a atención sobre o feito de que o novo Plan de Transporte, en lugar de solucionar problemas, “sexa fonte deles” deixando sen servizo á zona suroeste do municipio que cubría a anterior concesión da Empresa Raúl. Esta falta de servizo, sinala o alcalde, provoca un grave problema aos alumnos e alumnas do IES das Neves e da EFA A Cancela “que non teñen posibilidade de chegar ao seu centro de estudos antes das 9:30 h, xa comezadas as clases, cando antes o facían media hora antes”.

O Concello das Neves, ─que no seu momento impulsou un escrito asinado polos concellos de Salceda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, O Porriño e Ponteareas, nos que daba conta polo miúdo de todos os problemas do novo Plan─ lamentou que á hora do seu deseño, “carecera da debida transparencia e participación por parte dos concellos afectados”. A Xunta, sinalou Rodríguez Méndez, “parece esquecer que os concellos, como administración máis próxima á cidadanía, son os que mellor coñecen ás necesidades de transporte dos seus respectivos territorios”.

A todos os problemas que, diariamente, ocasiona a supresión de liñas, a falta de información sobre os horarios e o incumprimento dos mesmos, engádese o feito de que durante a fin de semana As Neves queda sen servizo, co que as persoas que teñen que ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro, non contan con ningunha liña do noso servizo que lles permita realizar o desprazamento”.

O novo Plan de Transporte, explica Xosé Manuel Rodríguez Méndez, prexudica especialmente a dous sectores de poboación, “os menores de 18 anos e maiores de 65 que, sen un transporte público adecuado, do seu dereito a poder desprazarse”.

Para o Concello das Neves, non deixa de ser paradoxal que a Xunta de Galicia “por unha banda fale da necesidade de asentar poboación no rural como medio para evitar o despoboamento, e por outro deixe aos veciños e veciñas que viven nas parroquias, sen un transporte público imprescindible para a súa vida diaria”.

Doutra banda, apunta o consistorio das Neves, “os concellos carecemos de calquera tipo de información sobre cal é o sistema para poñer en marcha ese sistema de transporte ‘a demanda’, que teoricamente tiña que estar en funcionamento xa neste momento”. “É esencial, ─conclúe Xosé Manuel Rodríguez Méndez─ “que se nos dea unha resposta clara e eficiente sobre este servizo e se poña en marcha unha mesa na que, entre todos os concellos, poidamos deseñar o que ten que ser transporte que, de aquí ao 2019, dea unha resposta integral ao noso territorio e nos permita que teñamos os servizos necesarios para poder cubrir as necesidades da nosa poboación”.

Ler Máis
22 Set
0

Listaxe e Convocatoria de entrevista para persoal directivo, docente e de apoio do Obradoiro de Emprego Viñocultura SAN

O Concello das Neves informa da listaxe e Convocatoria de entrevista para persoal directivo, docente e de apoio do Obradoiro de Emprego Viñocultura SAN

Pódese Consultar na Sedeelectrónica http://concelloasneves.sedelectronica.gal/board// ou nos seguintes enlaces.

LISTAXE DEFINITIVA PROCESO SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO VIÑOCULTURA SAN

LISTAXE DEFINITIVA PROCESO SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO VIÑOCULTURA SAN

Ler Máis
21 Set
0

Máster Nacional de Badmintón

O Concello das Neves informa da celebración do Máster Nacional de Badmintón Sub 15 e Sub 19 o sábado 23 e o domingo 24 de setembro no pavillón municipal das Neves.

Ler Máis
20 Set
0

Listaxe – Convocatoria a entrevista a alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego Viñocultura SAN

Poden consultar na Sede Electrónica do Concello das Neves a listaxe – convocatoria a entrevista a alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego Viñocultura SAN.

Consultar en: http://concelloasneves.sedelectronica.gal/board//

Listado – Convocatoria a entrevista a alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego Viñocultura SAN

 

Ler Máis
16 Set
0

Comeza a tempada da Escola de Fútbol

O Concello das Neves informa do comezo da tempada da Escola de Fútbol que recibe financiación da Deputación e colaboración do Concello pero que funciona moi ben e ten moito recoñecemento grazas a monitores e persoas que participan na Escola.

Nenos e nenas dende 4 a 12 anos poden participar nas distintas categorias. No campo de fútbol municipal Pepe Capón na zona deportiva da Caíña os luns e os venres celebranse os entrenamentos. Sendo os partidos os sábados durante a mañá.

Anímase a nais e pais para que acheguen as súas crianzas a participar, divertirse, facer deporte en grupo; o cal será moi beneficioso para o seu desenvolvemento persoal.

Recórdase tamén, que os clubes de fútbol senior Neves FC e CD San Xoán de Rubiós xa comezarón a tempada de liga de 3ª autonómica. Por outro banda os clubes de veteranos tamén están en marcha e o vindeiro fin de semana fará o propio o Clube As Neves Fútbol Sala.

Ler Máis