O Goberno local das Neves vén de conquerir varias subvencións para a realización  de diferentes proxectos e o desenrolo de varias iniciativas, que estarán en marcha nos vindeiros meses e que abranguen accións no eido da igualdade, benestar e protección social.

A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello das Neves unha asignación de 5.905€ para o fomento da igualdade de oportunidades e prvención da violencia de xénero. A mesma fará posible impulsar accións de sensibilización, formación e prevención da violencia machista e para a atención ás vítimas.

Tamén por parte da Deputación, As Neves recibirá unha axuda extraordinaria de 5.700€ para a prestación de apoio ás familias para facerlle fronte ao impacto da COVID-19 durante o ano 2020.

Por último, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta, vén de comunicar a concesión dunha subvención de 4.000€ para o programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.