Este luns, 22 de novembro publicouse na sede do Concello das Neves un edicto para dar publicidade do proceso de selección por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de un Xuíz de Paz substituto.
As persoas interesadas neste cargo, poden dirixir unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Praza Galicia, 1, 15004 A Coruña) facendo constar:
1.- Nome, apelidos, fotocopia DNI, edad e enderezo postal
2.- Indicar se xa foi xuiz de paz ou substituto/a
3.-Méritos que teña para ocupar o posto
4.- Profesión actual.
O prazo é de 15 días, dende a publicación do edicto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)