O segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Servizos Públicos Óscar González Álvarez, acudiu á reunión entre a Xunta, os Concellos e o sector ferroviario de CCOO-Pontevedra para acordar o traslado ao Goberno do Estado dun plan de reforzo dos servizos de tren de proximidade.

Os responsabéis municipais de Crecente, Salvaterra, Arbo e As Neves, ademaís dos representantes sindicais  e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, estiveron dacordo na urxencia de mellorar a mobilidade dos cidadáns para revitalizar o interior de Galicia e o seu rural.

Actuar na contorna da fronteira do Miño

Todos eles coincidiron en manifestar a súa preocupación pola situación dos servizos e as infraestruturas ferroviarias en Galicia, especialmente na contorna da fronteira do Miño, onde o tren presenta importantes carencias.

A ese respecto, o segundo tenente de alcalde das Neves apuntou que é preciso aproveitar a oportunidade dos fondos europeos previstos para o Corredor Atlántico para impulsar a modernización da liña ferroviaria do Miño.

Óscar Gonz´ález coincidiu na necesidade de actuar nos servizos e nas infraestruturas ferroviarias para adaptar a oferta ás novas necesidades da poboación, modernizando as instalacións e impulsando a intermodalidade.

Aproveitar a chegada do AVE a Ourense, este mesmo luns

Ademais, salientou que os servizos de proximidade son positivos para sacar o máximo proveito da chegada do AVE a Galicia e para revitalizar o sur e o interior da provincia de Pontevedra.

Na xuntanza tamén se coincidiu na importancia de rehabilitar as estacións da liña do Miño , en mellorar a accesibilidade ou ofrecer servizos complementarios nas estacións de tren, como estacionamento de bicicletas ou recarga de vehículos eléctricos.