O Concello das Neves conmemora o 25N, ‘Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres’, coa programación de actividades durante cinco días.

• Comezarán o sábado, día 20 de novembro coa Andaina “Camiña sen violencia” a partir das 10:00 h. Será unha ruta circular con inicio e fin na Praza do Concello. Haberá un punto violeta de información fixo na praza. Durante a andaina, ademais de concienciar sobre a violencia contra as
mulleres, falarase sobre a figura da Marquesa do Pazo da Mercé ao paso polo IES Pazo da Mercé, a EFA A Cancela e o CEIP Marquesa do pazo da Mercé.

• O luns, día 22, ás 12:00 h no Auditorio Municipal, o alumnado do instituto 
asistirá á representación da obra de teatro “Bravas” interpretada por Isa Risco, dentro do programa “Tornar ás táboas” da Deputación de Pontevedra.

• Xa o xoves, 25 de novembro, ás 12:00 h na Praza do Concello, terá lugar o acto institucional do Concello das Neves en colaboración co CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, o IES Pazo da Mercé e a EFA A Cancela.

• A programación deste #25N rematará o domingo  28 de novembro coa proxección do documental “Nación” dirixido por Margarita Ledo Andión. Ás 18:30 h no Auditorio Municipal.