O pasado luns 26, o Grupo Desenvolvemento Rural GDR Condado Paradanta organizou a I Gala de Calidade Turística do Destino
SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) Condado Paradanta, na que se entregaron os distintivos de calidade a empresas e entidades públicas concedidos polo GDR, que actualmente é o xestor deste distintivo de calidade no territorio comprendido polos concellos
de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.
Na gala, á que asistiron o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e a Concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, As Neves recibiu sete distintivos de calidade turística do total dos 35 outorgados en toda a Comarca. Os selos foron para a Casa de Turismo Rural Casa Uma, o Restaurante Casa Calviño, o Hotel da natureza Nande, o Punto de Información Turística das Neves, o Restaurante Casa O Frenazo, a Adega Señorío de Rubiós, e a Sociedade Cooperativa Agraria CondadoParandata.
Os recoñecementos a estes establecementos e empresas, asinan a consolidación das Neves como destino turístico de calidade na comarca.